2.3.2 Lonxitude
|
A lonxitude é a distancia entre dous puntos. O instrumento de medida é unha cinta métrica graduada. |
|
A unidade do sistema internacional é o metro (m). Para facilitar a expresión de lonxitudes grandes ou pequenas utilízanse os múltiplos e os submúltiplos do metro, engadindo uns prefixos tomados do grego e do latín. O valor das unidades vai de dez en dez, o mesmo que o noso sistema de numeración, o que facilita o cambio de unidades.
Os símbolos non son abreviaturas, débeos pór tal e como están aquí (en singular, sen puntos, etc. ). Para expresar unha medida debe empregar unha soa unidade: podemos dicir mido 1,70 m, ou tamén mido 170 cm, pero aconséllase non dicir mido 1 m e 70 cm.
|
Unidades e símbolos |
Equivalencia en metros |
|
Unidades e símbolos |
Equivalencia en metros |
|
1000 m |
|
0, 1 m |
|
|
100 m |
|
0, 01 m |
|
|
10 m |
|
0, 001 m |
|
|
1 m |
|
||
Se queremos pasar dunha unidade maior a outra menor teremos que multiplicar por un 1 seguido de tantos ceros como lugares nos despracemos cara a abaixo na escala lineal.
|
significa multiplicar a unidade por dez |
1 x 10 = 10 |
|
significa multiplicar a unidade por cen |
1 x 100 = 102 |
|
significa multiplicar a unidade por mil |
1 x 1000 = 103 |
Se queremos pasar dunha unidade menor a outra maior teremos que dividir por un 1 seguido de tantos ceros como lugares nos despracemos cara a arriba na escala lineal.
|
significa dividir a unidade en dez partes |
1/10 = 0, 1 |
|
significa dividir a unidade en cen partes |
1/100 = 0, 01 |
|
significa dividir a unidade en mil partes |
1/1000 = 0, 001 |
Actividades resoltas
Exprese 2 km en metros.
|
Solución |
– 2 km = 2 · 1000 = 2000 m |
Exprese en metros 40 cm.
|
Solución |
– 40 cm = 40 / 100 = 0, 40 m |
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0