Saltar navegación

5. Exercicios de autoavaliación

 

Pregunta

1. Que non é certo acerca da materia? 

Respostas

É todo aquilo que ten masa e volume.

Pode estar en estado sólido ou líquido, pero non gasoso.

Ten propiedades que se poden medir.

Os seres vivos son materia.

Pregunta

2. Son magnitudes fundamentais:

Respostas

A masa.

O tempo.

A densidade.

A temperatura.

Pregunta

3.  40 cm equivalen a:

Respostas

0, 40 km.

4000 mm.

4 m.

0, 40 m.

Pregunta

4. Os gases:

Respostas

Non teñen forma propia e teñen volume variable.

Non teñen forma propia e teñen volume fixo.

Teñen forma propia e volume variable.

Teñen forma propia e volume fixo.

Pregunta

5. Os sólidos:

Respostas

Están formados por partículas que se moven sempre e baten unhas con outras.

Poden comprimirse diminuíndo de volume.

Son todos moi duros.

Están formados por partículas moi próximas e ordenadas.

Pregunta

6. O paso de gas a líquido é:

Respostas

Gasilificación.

Sublimación.

Condensación.

Fusión.

Pregunta

7. O sangue é un exemplo de:

Respostas

Substancia pura.

Mestura homoxénea.

Sistema heteroxéneo.

Ningunha das anteriores.

Pregunta

8. A tenacidade dun material é a:

Respostas

Resistencia fronte á raiadura.

Capacidade de deformación para ser estirado formando láminas delgadas.

Resistencia fronte aos golpes.

Capacidade de deformación para ser estirado formado fíos.

Pregunta

9. Observe a figura e indique cal das seguintes afirmacións é verdadeira:

rectas

Respostas

As rectas p, s son perpendiculares.

As rectas p, q son secantes.

As rectas p, r son paralelas.

As rectas r, s non son paralelas.

Pregunta

10. Calcule o resultado da seguinte operación con ángulos, utilizando a calculadora científica:

Respostas

5 x (50º 20’ - 15º 45’ 50’’) =

Pregunta

11. Observe a figura e indique a medida do ángulo :

Ángulos

Respostas

130º 30’

139º 30’

40º 30’

49º 30’

Pregunta

12. Expresa en litro a seguinte cantidade: 7 l, 4 cl, 3 ml

Respostas

7040 l

7043 l

6521 l

7048 l

Pregunta

13. A densidade dun obxecto calcúlase:

Respostas

Dividindo os eu volume pola súa masa.

Multiplicando os eu volume pola súa masa.

Dividindo a súa masa polo seu volume.

Metendo o obxecto nun recipiente.

Pregunta

14. O valor da densidade 0, 78 g/cmexponente cúbico equivale a:

Respostas

78 kg/mexponente cúbico

7, 8 kg/mexponente cúbico

780 kg/mexponente cúbico

0, 78 kg/mexponente cúbico

Pregunta

15. Cales son os estados físicos da materia?

Respostas

Sólido.

Gasoso.

Líquido.

Todos eles.

Pregunta

16. Expresa en metros a seguinte cantidade: 35 dm, 780 cm, 2600 mm

Respostas

11 metros.

10,9 metros.

10,5 metros.

369 metros.

Pregunta

17.  A fusión é o paso de sólido a:

Respostas

Sólido.

Líquido.

Gas.

Plasma.

Pregunta

18. Durante o cambio de estado, que permanece fixo?

Respostas

Temperatura.

Densidade.

Volume.

Ningunha das anteriores é válida.

Pregunta

19. Indica cal das seguintes substancia é pura:

Respostas

Auga de mar.

Azucre.

Area.

Leite.

Pregunta

20.  A unidade de masa no Sistema Internacional escríbese:

Respostas

Habilitar JavaScript

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0