Saltar navegación

1.3 Obxectivos didácticos

Obxectivos

  • Coñecer o que é a materia.
  • Recoñecer as propiedades xerais da materia: lonxitude, masa, volume, temperatura, etc.
  • Coñecer as unidades en que se miden as propiedades xerais e as súas relacións.
  • Indicar as características dos estados da materia: sólido, líquido e gasoso.
  • Recoñecer os cambios de estado da materia.
  • Identificar as diferenzas entre substancias puras e mesturadas.
  • Clasificar tipos de materiais pola súa orixe natural ou artificial, e as súas propiedades.
  • Comprobar as propiedades de cada material.
  • Coñecer as aplicacións dos materiais para a fabricación de obxectos, e o xeito de traballalos.
  • Identificar relacións de paralelismo e perpendicularidade en obxectos da vida cotiá.
  • Debuxar rectas paralelas e perpendiculares con escuadra e cartabón.
  • Medir ángulos co transportador en figuras previamente identificadas.
  • Efectuar operacións con unidades de medida de ángulos usando calculadora científica.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0