Saltar navegación

2.3.7 Volume

É a cantidade de espazo que ocupa un corpo. En sólidos regulares, como un prisma, calcúlase o volume multiplicando a lonxitude das súas tres dimensións (longo, largo e alto). A unidade é o resultado de multiplicar as tres lonxitudes. Como cada unha delas se expresa en metros (m), no sistema internacional o volume medirase en metros cúbicos (m3). O valor dos múltiplos e submúltiplos do volume vai de mil en mil.

Múltiplos e submúltiplos do metro cúbico

  • Quilómetro cúbico (km3)

km3 = 1 000 000 000 m3

  • Hectómetro cúbico (hm3)

1 hm3 =1 000 000 m3

  • Decámetro cúbico (dam3)

1 dam3 = 1000 m3

1m3 = 0, 001 dam3= 0, 000001 hm3 = 0, 000000001 km3

 

  • Decímetro cúbico (dm3)

1 dm3=0, 001 m3

  • Centímetro cúbico (cm3)

1 cm3 =0, 000 001 m3

  • Milímetro cúbico (mm3)

1 mm3 = 0, 000 000 001 m3

1m3 = 1000 dm3 = 1 000 000 cm3 = 1000 000 000 mm3

Malia ser o metro cúbico a unidade de volume, é probable que estea máis familiarizado co litro (l ou L), unha unidade relacionada coa capacidade, que indica o volume de líquido nun recipiente.

Unidades e símbolos

Equivalencia en litros

 

Unidades e símbolos

Equivalencia en litros

  • Quilolitro kL

1000L

  • Decilitro dL

0, 1L

  • Hectolitro hL

100L

  • Centílitro cL

0, 01L

  • Decalitro daL

10L

  • Mililitro mL

0, 001L

  • Litro L

1L

 

 

 

Relación entre medidas de volume e de capacidade

1 m3= 1 kL= 1 000 L

1 dm3 = 1 L

1 cm3 = 1 m L = 0, 001 L

 

Se os sólidos son de formas irregular, calcúlase o volume mergullándoos nun líquido e mídese o volume do líquido que desprazan. O volume dos líquidos mídese empregando recipientes graduados, como a probeta.

 probetas

 

 

Actividades propostas

Calcule o volume dun depósito de auga de medidas 10 m x 15 m x 5 m. Transforme o volume obtido en dm3 e cm3?

Solución

  • O volume calcúlase multiplicando as tres lonxitudes do depósito.

V = 10 m. 15 m. 5 m = 750 m3

  • Para pasarmos a dm3 e a cm3 cómpre multiplicarmos por 1.000 e 1.000.000 respectivamente.

Así 750 m3 equivalen a 750.000 dm3 e a 750.000.000 cm3

 

S20.  Cal será o volume dunha rocha, se temos un volume inicial nunha probeta de 5 mL e ao mergullarmos a rocha o volume na probeta pasa a 7 mL?

S21.  Un cuarto mide 4 m de longo, 3 m de largo e 2, 5 m de alto. Calcule o volume de aire que hai dentro do cuarto.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0