2.2.2 Operacións con ángulos
-

Suma
A suma de dous ángulos equivale a situalos un deseguido do outro de xeito que teñan un lado e o vértice común. O ángulo suma é o formado polos lados non comúns.

Resta
Para restar dous ángulos colócanse superpostos de xeito que teñan un lado e o vértice común. O ángulo diferenza é o formado polos lados non comúns.

Multiplicación por un número natural
O produto dun ángulo por un número natural equivale á suma do mesmo ángulo tantas veces como indica o número.

División por un número natural
Ao dividir un ángulo entre un número natural obtense un ángulo tantas veces máis pequeno como indica o número.
Operando coa calculadora
-

-
Para efectuarmos operacións de ángulos debemos utilizar a calculadora científica.
-
Aínda que pode cambiar a súa aparencia en función da marca, as calculadoras científicas adoitan ter unha tecla semellante a esta:
-
Ao premermos a tecla indicámoslle á calculadora que os números que estamos a introducir corresponden a medidas de ángulos. Por exemplo, para introducir o ángulo 20º 35’ 42’’ en forma complexa, premeremos a seguinte secuencia de teclas:
20º 35’ 42’ → 20
35
42
→ 20, 595
O número 20, 595 que aparece na pantalla é o ángulo 20º 35’ 42’ expresado en forma incomplexa de graos.
Para o visualizar en forma complexa premeremos as teclas
e
deste xeito:
20, 595 →
→ 20º 35º 42º
Aínda que na pantalla aparecen todas as unidades expresadas en graos, a calculadora recoñéceas correctamente como o ángulo 20º 35’ 42’.
-
Suma. Para efectuar a suma 20º 35’ 42’’ + 50º 40’ 10’’ coa calculadora premeremos a seguinte secuencia de teclas:
-
20
35
42
+ 50
40
10

71, 264...→
→ 71º 15º 52º, equivalente a 71º 15’ 52’’
-
Resta. Para efectuar a resta procederemos de xeito semellante. Por exemplo, fagamos a seguinte operación: 75º 23’ 50’’ - 20º 48’ 13’’
-
75
23
50
- 20
48
13

54, 59361...→
→ 54º 35º 37º, equivalente a 54º 35’ 37’’
-
Multiplicación por un número natural. Calculamos 27º 42’ 35’’ x 3
27
42
35
x 3 
83, 12916...→
→ 83º 7º 45º, equivalente a 83º 7’ 45’’ -
División entre un número natural. Calculamos 52º 25’ 38’’ : 4
-
52
25
38
: 4 
13, 1068...→
→ 13º 6º 24, 5º, equivalente a 13º 6’ 24, 5’’
Actividades propostas
S5. Mida os seguintes ángulos co transportador.
S6. Efectúe as seguintes operacións con ángulos utilizando a calculadora científica:
-
-
a
25º 40’ 35’’ + 70º 8’ 30’’ =
15º 25’ 40’’ + 24º 50’ 30’’ =
10º 20’ 40’’ + 42º 50’ 52’’ + 28º 45’’ =
-
b
130º 40’ 25’’ - 75º 30’ 40’’ =
85º 18’ 30’’ - 60º 50’ 22’’ =
-
c
15º 25’ 30’’ x 3 =
40º 35’ 50’’ x 4 =
-
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0

