Saltar navegación

2.2.1 Medida de ángulos

A unidade fundamental de medida de ángulos é o grao sexaxesimal (1º), que é o ángulo que obtemos ao dividir un ángulo recto en 90 partes iguais. Xa que logo, o ángulo recto mide 90º.

Para efectuarmos medicións angulares máis exactas cómpre utilizarmos outras unidades menores que o grao. Se dividimos o grao sexaxesimal en 60 partes iguais, obtemos o minuto sexaxesimal (1’). É dicir:     

1º = 60’ e 1’ = 1/60º

De igual modo, se dividimos o minuto sexaxesimal en 60 partes iguais, obtemos o segundo sexaxesimal (1’’). É dicir:

1’ = 60’’ e 1’’ = 1/60’

As fraccións de segundo exprésanse en forma decimal como décimas, centésimas, milésimas...de segundo. Por exemplo, dicir que a medida dun ángulo é de 9, 72’’, significa que é de 9’’ e 72 centésimas de segundo.

A medida dun ángulo pódese expresar en forma complexa (utilizando varias unidades) ou incomplexa (utilizando unha soa unidade). Por exemplo:

20º 35’ 42’’ = 74 142’’

Para medir ángulos úsase un semicírculo graduado dividido en 180º : o transportador.

 Equivalencias entre unidades de ángulos Transportador 

Equivalencias entre unidades de medida de ángulos

Transportador

Para medir ou trazar ángulos co transportador hai que proceder como se indica nas seguintes ilustracións.

   

O transportador é un instrumento con moi pouca precisión xa que soamente nos proporciona a medida dun ángulo en graos. Para medir ángulos con maior precisión utilízanse o goniómetro, o teodolito e o teodolito electrónico.

 

Compartida por osvaldobaeza — 16 de enero de 2014 - 21:12

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0