2.3.12 Os materiais.
Arredor de nós podemos observar unha gran cantidade de produtos creados polo ser humano para satisfacer as súas necesidades ou para mellorar a súa calidade de vida.
Na súa fabricación utilízase unha grande variedade de materias primas e materiais que lle outorgan a cada produto unhas características singulares.
Materias primas, materiais e produtos
- Materias primas: son as substancias que se extraen directamente da natureza. Xa que logo, existen varios tipos de materias primas dependendo da súa procedencia:
- Materias primas animais: la, seda, peles...
- Materias primas vexetais: madeira, codia, algodón, liño, esparto...
- Materias primas minerais: arxila, area, mármore...
- Materiais elaborados: son as materias preparadas e dispoñibles para elaborar directamente calquera produto a partir delas. Obtéñense mediante a transformación fisicoquímica das materias primas. Os materiais non están dispoñibles na natureza tal e como os coñecemos, senón que antes de os usar sufriron unha transformación.
- Produtos: son os obxectos, utensilios, etc., creados polo ser humano para poder satisfacer as súas necesidades e mellorar a súa calidade de vida.
| Materia prima | |
Material elaborado | | Produto |
| Area + sosa | Vidro | Vaso de vidro |
Materiais naturais e artificiais
Os obxectos están fabricados por unha gran variedade de materiais que se poden clasificar segundo diferentes criterios como, por exemplo, a súa orixe, propiedades, etc. Segundo a súa orixe podemos clasificar os materiais en:
- Naturais: son os que se achan na natureza, como o algodón, a madeira, as rochas, etc.
![]() |
![]() |
![]() |
| Exemplos de materiais naturais | ||
- Sintéticos: son os creados polo ser humano a partir dos materiais naturais, como o formigón, o vidro, o papel, os plásticos, etc.
![]() |
![]() |
![]() |
| Exemplos de materiais sintéticos | ||
S30. Escolla un material de cada tipo estudados e cite exemplos en que se utilice como materia prima, como material elaborado e como produto.
|
|
|
|
|
|
S31. Repase os tipos de fibras téxtiles artificiais e os de plásticos, e indique as coincidencias. Examine a etiqueta dalgunhas prendas de vestir e cite os tipos de fibras naturais e artificiais de que se compoñen.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0





