2.3.8 Densidade
É a magnitude que mide, en certo modo, o “concentrada” que está a masa nun corpo. Por exemplo, o chumbo ten densidade maior que a da madeira. Isto quere dicir que, se collemos dúas bólas de igual volume de chumbo e de madeira, a de chumbo ha ter unha masa maior. A densidade dunha substancia é unha magnitude derivada e expresa a relación entre a masa e o volume dun corpo. Exprésase matematicamente mediante esta fórmula:
-

Ou utilizando
estes símbolos:

O valor da densidade dunha substancia non depende do tamaño da mostra que se utiliza; a densidade dunha pebida de ouro é a mesma que a densidade dun lingote de ouro.
Para cada substancia, a cantidade de masa que cabe nun volume concreto é única, e por iso a densidade é unha propiedade específica da materia
Xa que no SI a masa se expresa en kg e o volume en m3, a unidade da densidade nese sistema é kg/m3. Outras unidades moi usadas son os g/cm3 (1 g/cm3 = 1000 kg/ m3).
A densidade dos sólidos é, en xeral, maior que a dos líquidos, e a dos líquidos é maior que a dos gases. Velaquí algúns exemplos de densidades en distintos materiais:
|
Auga mar |
Gasolina |
Chumbo |
Mercurio |
Ouro |
Xeo |
Auga |
Alcohol |
Osíxeno |
|
1030 |
900 |
11300 |
13600 |
19300 |
920 |
1000 |
790 |
1, 13 |
Actividades resoltas
Cales das substancias da táboa anterior flotan na auga?
-
Solución
-
Ao xuntarmos substancias inmiscibles (que non se mesturan) de densidades diferentes, as menos densas flotan sobre as de maior densidade. Xa que logo, flotarán na auga a gasolina, o xeo, o alcohol e o osíxeno.
-
Actividades propostas
S22. Onde é mais doado flotar, no mar ou nun río. Por que?
S23. Se lle preguntan que pesa máis, 1kg de palla ou un de chumbo, seguro que non “pica”, pero cal ten máis densidade? Razoe a súa resposta.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0