2.3.10 Efectos da calor sobre as substancias
Ao quentar un corpo, por regra xeral aumenta a súa temperatura e como consecuencia produce dous efectos, a variación de temperatura, a dilatación e a contracción.
Dilatación e contracción
É unha consecuencia da variación de temperatura. Todos os corpos, en calquera estado, ao aumentar a temperatura dilatan, é dicir, aumentan o seu tamaño; e á inversa, cando esta diminúe, contraen. Isto ocorre porque cando quece unha substancia, as partículas que a forman vibran con máis intensidade e necesitan máis espazo para se moveren.
Este fenómeno é a base dos termómetros de mercurio, e ten moita importancia ao deseñar obras de enxeñaría como pontes, vías de ferro, tendidos eléctricos, edificios, etc.
Cambios de estado
Cando os sólidos quecen, dilatan. Se seguimos a quentalos chegará un momento en que as súas partículas xa non poidan manter as súas posición e cambiarán a estado líquido; se segue aumentando a temperatura, as partículas móvense a maior velocidade e afástanse unhas das outras, co que se chega ao estado gasoso. O proceso invértese se arrefriamos.
Na natureza, a auga aparece en forma de xeo nos iceberg, en estado líquido nos mares, nos ríos e nos lagos, e como vapor de auga na atmosfera. Mentres se verifica o cambio de estado a temperatura mantense constante.
-
Fusión e solidificación. Nos sólidos, as partículas vibran continuamente. Ao lles dar calor a temperatura sobe e vibran con máis intensidade. Ao chegaren á temperatura de fusión empezan a separarse unhas das outras, e rompe a ordenación que formaba o sólido, co que se converte nun líquido. O proceso inverso coñécese como solidificación.
|
|
|
|
Sólido |
Líquido |
-
Vaporización e condensación. Nos líquidos, as partículas vibran e desprázanse, pero aínda están moi próximas unhas das outras. Ao aumentar a temperatura móvense máis á presa; ao se alcanzar a temperatura de vaporización ou ebulición as partículas sepáranse de todo e cambian ao estado gasoso. O proceso inverso coñécese como condensación.
|
|
|
|
Líquido |
Gas |
-
Sublimación. Indica o cambio de estado sólido a gas e de gas a sólido. Para distinguir ambos os procesos, é frecuente chamarlle sublimación inversa ao paso de gas a sólido.
|
|
|
|
Sólido |
Gas |
Actividades resoltas
O seguinte esquema representa os cambios de estado. Relacione as seguintes palabras que aparecen na táboa coas letras do esquema:
|
Cambios de estado |
Letra |
|
|
A |
|
|
B |
|
|
F |
|
|
D |
|
|
C |
|
|
E |
Por que antes dun concerto se afinan as cordas dos instrumentos?
|
Solución |
|
S26. No anterior esquema, os pasos represéntanse con frechas vermellas e azuis. Cales remiten a cambios producidos por quecemento e cales por arrefriamento?
S27. Indique os cambios de estado que se producen nos seguintes fenómenos:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0



