Saltar navegación

2.1.2 Semirrectas e segmentos

  • Semirrecta: porción de recta limitada nun extremo por un punto, que é a súa orixe, e ilimitada polo outro extremo. É dicir, unha semirrecta ten orixe pero non ten fin. Na figura o punto A divide a recta en dúas partes. Cada unha delas é unha semirrecta.
  • Segmento: é a porción de recta comprendida entre dous puntos. Por exemplo, o segmento Segmento AB  é a porción de recta comprendida entre os puntos A e B denominados extremos do segmento. A distancia entre os puntos A e B é a lonxitude do segmento.
 Semirrecta e segmento

 

 

Actividades resoltas

Observe a figura e indique se son verdadeiras ou falsas as afirmacións:

. Rectas

Afirmacións

V / F

  • p e q son paralelas

V

  • r e s son paralelas

F

  • p e s son secantes

V

  • r e s son secantes

V

  • p e r son perpendiculares

V

  • q e s son perpendiculares

F

 

 

Actividades propostas

S3.  Debuxe unha recta r e un punto P exterior a ela, como se indica na figura.

 

 

 

Trace algunhas rectas que pasen polo punto P e que corten a recta r. Cantas se poden trazar?

 

Trace agora rectas paralelas a r que pasen polo punto P. Cantas se poden trazar? E rectas paralelas a r que pasen por P?

 

S4.  Observe o plano da figura e conteste:

 Plano

Nome das dúas rúas paralelas máis próximas á rúa Corcubión

 

As rúas Barcelona e Alcalde Lens son perpendiculares?

 

As rúas Gramela e Andrés Gaos son secantes?

 

As rúas Gramela e Andrés Gaos son perpendiculares?

 

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0