Saltar navegación

2.2.3 Clases de ángulos

  • Cóncavos e convexos. Dúas semirrectas con orixe común determinan dous ángulos distintos. O menor deles denomínase ángulo convexo e o maior, cóncavo. Repare en que o ángulo convexo non contén no seu interior as semirrectas que son prolongación dos seus lados, entanto que o ángulo cóncavo si que as contén.
Ángulo convexo  Ángulo cóncavo 

Ángulo convexo

Ángulo cóncavo

  • Planos e completos. Se os dous lados do ángulo están situados sobre a mesma recta, o ángulo que forman chámase ángulo plano, e se os dous lados coinciden abranguendo todo o plano, ángulo completo. Os ángulos convexos son menores que o ángulo plano, entanto que os cóncavos son maiores.
 Ángulo plano  Ángulo completo

Ángulo plano

Ángulo completo

  • Rectos, obtusos e agudos. Un ángulo recto é o ángulo convexo que ten os seus lados perpendiculares. Os ángulos convexos maiores que un recto chámanse obtusos, e os menores, agudos.
 Ángulo agudo  Ángulo recto Ángulo obtuso 

Ángulo agudo

Ángulo recto

Ángulo obtuso

Lémbrese que o grao sexaxesimal se define como o ángulo obtido ao dividir o ángulo recto en 90 partes iguais. Xa que logo, o ángulo recto mide 90º e o ángulo plano 180º, xa que se pode dividir formando dous ángulos rectos, e o ángulo completo 360º, xa que se pode dividir formando catro ángulos rectos.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0