Saltar navegación

1.1 Descrición da unidade didáctica

A partir da observación das súas formas realízase unha introdución aos elementos básicos utilizados na xeometría plana: puntos, rectas, planos e ángulos. Tamén se utilizará a calculadora científica para efectuar operacións con ángulos.

A palabra materia é un termo moi xeral; calquera cousa en calquera parte do universo, desde a estrela máis afastada ata o máis pequeno lixo de po, está composta por materia. Todo o que nos rodea e podemos percibir cos nosos sentidos está formado por materia. A mesa que temos diante, o bolígrafo con que escribimos, a auga que bebemos e o aire que respiramos son materia. Nesta unidade trátase a materia, e nela analízanse as súas propiedades e a súa diversidade, canto aos seus estados e a diferenza entre mestura e substancia pura. Tamén traballaremos cos tipos de materiais, as súas propiedades e as principais utilidades de cada un.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0