2.3.1 Magnitudes e unidades
Podemos definir a materia como todo o que ten masa e que ocupa un espazo, é dicir, que ten volume. A materia pódese atopar en tres estados: sólido, líquido e gasoso.
-
É doado comprobarmos que os sólidos e os líquidos teñen masa e volume, pero, e os gases? Os gases, aínda que son lixeiros, tamén posúen masa e volume. Se pesamos nunha balanza precisa un globo inflado, observaremos que ocupa un maior volume e pesa máis que un globo baleiro. Outro exemplo: a bombona de butano pesa máis chea que baleira.

Todos os corpos, por estaren feitos de materia, teñen características comúns. Chamarémolas propiedades xerais, como a lonxitude, a superficie, o volume, a masa, a densidade ou a temperatura. Estas propiedades pódense medir, e exprésanse mediante unha cantidade. Neste caso estamos utilizando magnitudes físicas.
Magnitude é todo aquilo que se pode medir, e as magnitudes poden clasificarse en fundamentais e derivadas, e escalares e vectoriais.
Magnitudes fundamentais e derivadas
-
Magnitudes fundamentais son aquelas na que a unidade se define por convenio. A lonxitude, a masa, o tempo e a temperatura considéranse magnitudes fundamentais, ao non depender de outras.
-
Unidade é unha cantidade de unha magnitude tomada por convenio para comparar con ela outras cantidades desa mesma magnitude (medir).
-
Medir é comparar cantidade con unidade.
-
Sistema Internacional de Unidades (SI). O número que expresa a medida pode ser diferente se cambia a unidade de medida. Cada un pode elixir o seu patrón de medida (unidade). Para unificar criterios, en ciencia utilízase o Sistema Internacional de Unidades (SI).
-
Magnitudes derivadas: son a maioría; obtéñense a partir das fundamentais, aplicando relacións matemáticas. Por exemplo, a superficie é unha magnitude derivada obtida de multiplicar dúas lonxitudes (largura por altura), e a velocidade é derivada, ao obterse de dividir unha lonxitude entre o tempo empregado en percorrela.
-
Magnitudes fundamentais
Lonxitude
Masa
Tempo
Temperatura
-
Unidades (SI)
Metro
Quilogramo
Segundo
Kelvin
-
Símbolo (SI)
m
kg
s
K
-
-
Ao mergullarmos un tubo “baleiro” ou un vaso cara a abaixo nun recipiente con auga, a auga non pode entrar porque o tubo está cheo de aire, e o aire ocupa o seu propio volume (para que a auga poida entrar no tubo teríamos que abrirlle unha saída ao aire na parte superior).


Magnitudes escalares e vectoriais
- Escalares: con dar un número (o seu valor) quedan perfectamente definidas (masa, temperatura ou tempo).
- Vectoriais: hai que especificar ademais do seu valor (en número) a súa dirección e o seu sentido. Así mesmo, pode ser derivada ou fundamental. Exemplos: a velocidade, a aceleración e a forza.
Actividades propostas
S9. Dos seguintes termos, cales se refiren a algo material e cales a algo inmaterial?
S10. Se estivese a medir a largura da súa mesa.
|
|
|
|
|
|
|
|
S11. Clasifique as seguintes magnitudes:
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0