2.3.11 Clasificación da materia: substancias puras e mesturas
Se nos fixamos na materia que nos rodea veremos que, ademais do seu estado físico, o seu aspecto externo presenta diferenzas que nos permiten dar unha clasificación. Sistema é unha porción de materia illada.
-
Sistemas homoxéneos e heteroxéneos
Nunha rocha aprécianse a simple vista partes moi diferenciadas. Pola contra, se miramos auga de mar vemos que ten un aspecto uniforme e non se poden distinguir a simple vista os compoñentes que contén.
-
No primeiro caso falamos de sistema heteroxéneo.
-
No segundo caso falamos de sistema homoxéneo.


Sistema heteroxéneo
( rocha)
Sistema homoxéneo.
( auga de mar)
-
-
Substancias puras: son sistemas homoxéneos de composición invariable.
-
Disolución: son sistemas homoxéneos de composición variable.
-
Mesturas: son sistemas heteroxéneos de composición variable.
Calquera cousa que estea na natureza é unha substancia pura ou unha disolución, ou unha mestura.
Actividades propostas
S29. Clasifique as substancias en mesturas homoxéneas e heteroxéneas.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0