Saltar navegación

2.1.1 Posicións relativas de dúas rectas no plano

Nun plano podemos trazar infinitas rectas. Segundo a posición que adopten as rectas poden ser secantes, paralelas ou coincidentes.

 Secantes Paralelas  Coincidentes 

Secantes

As dúas rectas teñen un punto en común

Paralelas

Non teñen ningún punto en común

Coincidentes

Teñen todos os puntos en común

 Semiplanos  Perpendiculares

Ao trazar unha recta nun plano, este queda dividido en dúas partes. Cada unha é un semiplano

Un caso particular de rectas secantes son as perpendiculares, que dividen o plano en catro rexións iguais

 Trazar paralelas Trazar perpendiculares 

Vemos como trazar rectas paralelas e perpendiculares a unha recta r dada usando instrumentos de debuxo. Para que a recta pase por un punto P dado escorregamos o escuadro ata que o seu bordo coincida co punto dado

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0