Saltar navegación

3. Resumo de contidos

  • Elementos básicos da xeometría: punto, recta e plano.
  • Posicións relativas de dúas rectas no plano

– Rectas secantes: as dúas rectas teñen soamente un punto en común; se se cortan formando ángulos rectos dicimos que as dúas rectas son perpendiculares.

Rectas paralelas: cando non teñen punto ningún en común.

Rectas coincidentes: se teñen todos os puntos en común.

  • Ángulos e unidades de medida. Ángulo é a rexión do plano comprendida entre dúas semirrectas que se cortan nun punto. As unidades fundamentais de medida de ángulos no sistema sexaxesimal son o grao (º), o minuto (,) e o segundo (,,). As súas equivalencias son: 1º = 60 minutos. 1 minuto: 60 segundos.
  • Clasificacións e relación entre ángulos

– Pola súa medida:

Ángulos convexos: menos de 180º

Ángulos agudos: menos de 90º

– Ángulo recto: 90º

Ángulo obtuso: entre 90º e 180º.

Ángulo plano:180º

Ángulo cóncavo: máis de 180º

Ángulos complementarios: a súa suma é un ángulo recto (90º)

Ángulos suplementarios: a súa suma é un ángulo plano (180º).

  • A materia.

– A materia vén definida por unhas propiedades que se poden medir en magnitudes.

– Magnitudes: escalares e vectoriais; fundamentais e derivadas.

– Tipos de magnitudes: lonxitude, superficie, masa, volume, densidade, tempo, temperatura.

– Estados da materia: sólido, líquido e gasoso.

– Dependendo da temperatura prodúcense os cambios de estado: fusión, solidificación etc.

– Clasificación da materia:

– Polo seu aspecto externo: homoxénea e heteroxénea.

– Polas substancias que forman: puras e mesturas.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0