Saltar navegación

2.3.5 Temperatura

  • A temperatura é a magnitude que indica o estado térmico dun corpo.
  • O seu instrumento de medida é o termómetro.
termómetro

A unidade de medida que utilizamos habitualmente é a escala de graos celsius ou centígrados (ºC), que lle asigna o valor cero (0º C) ao xeo fundíndose, e o valor cen (100º C), á auga fervendo.                                                                      

O sistema internacional, utiliza a escala Kelvin. O cambio de graos celsius a kelvins (e viceversa) facémolo coa relación:

TK = TC + 273

 

 

S18. Converta as seguintes temperaturas a escala celsius:

  • 285 K

 

 

  • 254 K

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0