Saltar navegación

6. - Glosario

A

  • Albufeira

Lagoa litoral con auga salgada e separada do mar por un cordón de terra.

 

C

  • Caudal absoluto

Cantidade de auga que pasa nun segundo por un punto dado, nunha corrente de auga. Xeralmente exprésase en metros cúbicos (m3) por segundo. Se non se concreta o lugar de medición, trátase do caudal na desembocadura.

  • Condensación

Acción e efecto de converter un vapor en líquido.

 

E

  • Evaporación

Acción e efecto de converter un líquido en vapor.

 

F

  • Freático

Dise das augas acumuladas no subsolo.

 

S

  • Saturación

Presenza no aire da maior cantidade posible de vapor de auga.