A Terra: os continentes e o clima
1.4.2 - Hidrografía
Os ríos americanos son longos e caudalosos; teñen as cuncas máis amplas do globo. O Amazonas, o río máis caudaloso do mundo, desemboca nun grande estuario. A masa de auga doce penetra uns 40 km no Atlántico.
Algúns ríos teñen que salvar fortes desniveis e forman impresionantes fervenzas. En América do Norte destacan as do Niágara, entre os lagos Erie e Ontario. En Sudamérica, o Salto do Anxo, con case 1.000 m de altura.
- En América do Norte hai tres vertentes hidrográficas:
- No Ártico desembocan os ríos que permanecen xeados boa parte do ano.
- No Atlántico verten ríos moi longos e caudalosos: o San Lourenzo, nun grande estuario; o Missisipi e o río Grande, no golfo de México.
- Ao Pacífico van os ríos máis curtos e de escaso caudal, xa que nacen nas montañas Rochosas, cerca do océano.
- En América do Sur hai dúas vertentes hidrográficas:
- Ao Atlántico levan as augas ríos moi longos e caudalosos: Orinoco, Amazonas e os ríos Paraná, Paraguai e Uruguai, que forman o estuario do río da Prata.
- No Pacífico desembocan ríos mais curtos e de forte pendente, pois os Andes están cerca do mar.
|
|
Lonxitude dos ríos americanos máis longos |
Actividades propostas
S16. América:
- Por que se di que América ten grandes contrastes físicos?
- Como son as costas americanas?
- Que é o Altiplano?
S17. Consulte nun dicionario, se é preciso, e defina "canón".
S18. Ríos:
- Como son os ríos de América?
- Vertentes hidrográficas de América do Norte.
- Vertentes hidrográficas de América do Sur.