2.1.3 - Circulación xeral atmosférica
A atmosfera está formada por masas distintas de aire que non se mesturan. As dúas masas fundamentais en cada hemisferio son:
- Aire tropical quente.
- Aire polar frío.
A superficie de contacto entre dúas masas é unha fronte. As zonas afectadas polo paso da fronte son de perturbacións e orixinan un cambio de tempo.
Fronte polar
A fronte polar separa, na zona temperada, o aire tropical do aire polar, que se introduce en forma de cuña por debaixo do aire máis lixeiro. A fronte presenta ondulacións: linguas de aire quente que se introducen no aire frío; corresponde ás distintas perturbacións (borrascas) da fronte.
|
|
Representación dunha fronte |
Humidade e precipitacións
- Humidade absoluta: é a cantidade de vapor de auga que contén a atmosfera nun momento determinado.
- Humidade relativa: é a proporción entre o vapor de auga contido na atmosfera e a cantidade máxima que podería conter ata chegar á saturación.
A condensación por arrefriamento do vapor de auga atmosférica orixina as nubes. De seguir o arrefriamento, fórmanse pingas de auga, que se unen entre si, aumentan de grandor e peso, e caen en forma de precipitacións: chuvia, neve ou sarabia.
O pluviómetro mide a cantidade de auga que cae nun lugar.
![]() |
|
Tipos de nubes |
|
![]() |
![]() |
|
Mapa mundial de precipitacións |
O ciclo hidrolóxico ou ciclo da auga
Para entender como funciona este curioso mecanismo natural, de extraordinaria incidencia no clima, no relevo e nos seres vivos, debemos diferenciar:
- Os compartimentos ou lugares onde se localizan as grandes masas de auga: océanos, glaciares, subsolo, lagos e ríos. A atmosfera e os seres vivos tamén conteñen auga.
- Os fluxos, intercambios entre uns compartimentos e outros. As transferencias entre os estados sólido, líquido e gasoso da auga son constantes. Realízanse mediante procesos cíclicos, como a evaporación e as precipitacións.
![]() |
|
Ciclo da auga |
|
Só dispoñemos do 1% aproximado da auga doce do mundo. O resto está nos glaciares e nos casquetes polares |
|



