A Terra: os continentes e o clima
1.5.1 - Características físicas de Australia
- Relevo uniforme:
- Case toda Australia é un enorme macizo amesetado de 300 m a 500 m de altitude.
- As únicas montañas de Australia están no leste: Alpes australianos, vella cadea montañosa que chega aos 2.000 metros.
- Desde o golfo de Carpentaria ata a Gran Baía hai unha ampla depresión con algúns ríos e lagos.
- As terras oceánicas:
Están formadas por numerosísimas illas espalladas polo Pacífico; destacan Nova Guinea e Nova Celandia. Gran parte das illas son coraleiras.