A Terra: os continentes e o clima
1.6 - As rexións polares
Son as zonas máis frías do planeta: a rexión Ártica e a Antártida.
- O Ártico:
Está formado por un grande océano rodeado polas terras setentrionais de Europa, América e Asia, así como por numerosas illas das que Grenlandia é a maior.
O océano glacial Ártico está sempre cuberto por unha capa de xeo de espesor variable: 3,5 m por termo medio.
- A Antártida:
É un continente duns 14 millóns de km2, cuberto por unha capa de xeo de grosor entre 3.000 e 4.000 metros.
|
|
Perfil da Antártida (a Antártida é un continente máis extenso que Europa) |
Actividades propostas
S19. Oceanía e rexións polares:
- Como se clasifican as illas de Oceanía?
- Como é o relevo de Australia?
- En que se diferencia o Ártico da Antártida?