A Terra: os continentes e o clima
2.1.2 - Lectura
Un dos fenómenos atmosféricos máis fermosos é o arco da vella, orixinado pola descomposición da luz ao atravesar as gotas da chuvia .
|
Dende o piñeiredo de Vilanoviña o arco da vella ergueuse a beber, tanta sede tiña que fixo sorrindo un vó de andoriña e foi dun esguello nun río a caer. Ó sentir da auga a caricia leda espallouse en néboa pola tarde mol e enchéndose dela colgou na robleda seu pano de cores tinguido de sol. |
|
|
O arco da vella nun poema de X. Álvarez Limeses |
Arco da vella. Óleo de Bello Piñeiro |
Actividades propostas
S20. Atmosfera. Resuma estes contidos:
- Funcións da atmosfera.
- Capas atmosféricas.
- Diferencie tempo e clima.
S21. Clima:
- Que factores xeográficos inflúen no clima?
- Que elementos meteorolóxicos configuran o clima?
- Que causas determinan a temperatura?
S22. Defina: anticiclón, borrasca, fronte, milibar e presión atmosférica.
S23. Complete:
- A presión atmosférica normal, ao nivel do mar, é de , equivalente a .
- A presión atmosférica baixa, se aumenta a temperatura, , a e cando hai .
- O barómetro serve para medir a .
- Os ventos móvense desde as (anticiclóns) ás (borrascas).
- A presión atmosférica normal, ao nivel do mar, é de 760 mm, equivalente a 1.013 milibares.
- A presión atmosférica baixa, se aumenta a temperatura, a humidade do aire, a altitude do lugar e cando hai acumulación de aire.
- O barómetro serve para medir a presión atmosférica.
- Os ventos móvense desde as altas presións (anticiclóns) ás baixas presións (borrascas).
S24. Clasifique os tipos de ventos.