Saltar navegación

5. - Solucionarios

Respostas ás actividades propostas

S1.             

  • A superficie terrestre foise coñecendo moi de vagar.
  • Axudaron a coñecela:
    • As viaxes mercantís.
    • As expedicións guerreiras.
    • As expedicións científicas.

S2.             

  • Características físicas de Europa:
    • Costas moi articuladas:
      • Case todos os países están cerca do mar.
      • Numerosos accidentes xeográficos: cabos, illas, golfos, rías, arquipélagos.
      • Contrastes na costa: tramos baixos fronte a zonas rochosas.
    • Variedade de paisaxe:
      • Vello e desgastado no norte.
      • Cordais altos e desgastados no sur. Tamén existen chairas.
      • Gran chaira, de oeste a leste.
  • Ríos europeos:
    • Ríos do leste e do centro: os máis longos e caudalosos do continente.
    • Ríos do oeste: os máis curtos.
    • Ríos que desembocan no Mediterráneo, Caspio e Negro: rematan en deltas.
  • Resposta persoal.

S3.             

  • Arquipélago. Conxunto de illas próximas unhas ás outras e, moitas veces, con características xeográficas similares.
  • Baía. Penetración do mar na costa, de extensión considerable e de entrada ancha, menor có golfo.
  • Cabo. Sector da costa que se adianta no mar máis có resto do litoral.
  • Delta. Terreo sedimentario, xeralmente de forma triangular, que se forma na desembocadura dalgúns ríos.
  • Esteiro. Zona da costa onde desemboca un río e que queda cuberta pola preamar.
  • Fiorde. Depresión do continente asolagada pola mar profunda e estreita, de marxes acantiladas e sinuosas, formada por un glaciar na era cuaternaria.
  • Golfo. Porción grande de mar que se adentra na terra, xeralmente de forma semicircular e abertura longa.
  • Marisma. Terreo ao nivel do mar que está case sempre enlagado e cheo de lama ao ser cuberto polas augas mariñas nas preamares.
  • Tómbolo. Istmo de area que une unha antiga illa ao continente.

S4.             

  • Unidades de relevo:
    •  Meseta Central: altitude media de 600 m.
      • Dividida polo cordal Central: submeseta Norte e submeseta Sur.
      • Submeseta Norte: regada polo Douro.
      • Submeseta Sur: bañada polo Teixo e Guadiana cos afluentes respectivos.
      • Dividida polos montes de Toledo.
    • Montañas exteriores á meseta Central: macizo Galaico e montes de León, cordal Cantábrico, montañas Vascas, Pireneos, sistema Ibérico, serra Morena, e sistemas Subbético e Penebético.
    • Depresións do Ebro e do Guadalquivir.
  • Mares e costas peninsulares: Cantábrico, Atlántico e Mediterráneo.
    • Cantábrico e Atlántico: fortes ondas, intensas correntes e amplas mareas. Erosionan e arrastran materiais. Augas frías e pouco salgadas: abundancia de peixes.
    • Mediterráneo: ondas e correntes menores. Mareas pouco amplas. Menor poder erosivo. Augas menos frías e máis salgadas.

S5.             

  • Vertentes:
    • Atlántica: Tambre, Ulla, Miño, Douro, Teixo, Guadiana e Guadalquivir.
    • Mediterránea: Segura, Xúquer, Turia, Ebro, Llobregat e Ter.
    • Cantábrica: Eo, Navia e Nalón.
  • Os ríos da Iberia seca son curtos, de réxime irregular e caudal baixo.
  • Os ríos da España húmida teñen caudal elevado, réxime regular. Os da vertente cantábrica son curtos.

S6.             

  • Terreos graníticos ou silíceos.
  • Terreos calcarios.
  • Terras arxilosas.

S7.             

  • Cunca hidrográfica. Territorio entre montañas que envía as augas a un determina do lago ou o mar.         
  • Réxime dun río. Conxunto de variacións experimentadas polo caudal dun curso de auga.
  • Sedimento. Material sólido deixado pola auga dun río, no curso baixo.
  • Vertente (hidrográfica). Conxunto de cuncas que verten as súas augas a un mesmo mar.

S8.             

  • Unidades do relevo galaico:
    • Cadeas costeiras.
    • Fosa Padrón-Tui.
    • Chanzo de Santiago.
    • Serras Setentrionais.
    • Dorsal Galega.
    • Gran Penechaira galega. Depresións de Lemos, Sarria, Lugo e As Pontes.
    • Macizo Suroriental.
    • Serras Orientais.
  • Solos de Galicia, por tipos de rochas:
    • Galicia occidental: cantaría ou granito.
    • Galicia oriental: lousa e xisto.

S9.             

  • As costas galegas son moi articuladas.
    •  Teñen numerosos cabos e illas.
    •   As zonas altas e rochosas alternan coas baixas e areosas.
    •   Caracterízanse polas rías.
  • As rías formáronse así:
    • Un val fluvial afundiuse.
    • As augas do mar asolagaron o espazo afundido. Feito favorecido polo aumento do nivel das augas naquela época.
  • Existen tres tipos de rías: altas, medias e baixas (con illas na entrada e no interior).

S10.         

  • Os numerosos ríos galegos caracterízanse polo abundante caudal, o réxime regular e o curso curto.
  • Vertentes e cuncas: cantábrica e atlántica (catro grupos: ríos que desembocan nas rías atlánticas, cunca do Miño, cunca do Limia e afluentes do Douro).

S11.         

Otero Pedrayo dirixiu a Historia de Galicia e, mentres viviu, a Gran enciclopedia gallega (actualmente Gran enciclopedia galega).

S12.         

  • Cantil. Lugar de forte pendente pola actuación das forzas erosivas ou tectónicas; acantilado.
  • Divisoria de augas. Liña imprecisa que serve de separación ás cabeceiras de correntes de auga que van a distintas cuncas ou sistemas fluviais.
  • Leito dun río. Lugar por onde discorre a auga dun río; madre.

S13.         

  • Relevo de configuración complicada:
    • Terras chás ao norte e cordais ao sur.
    • Macizos desgastados: penínsulas de Indostán e Arabia.
    • Chairas fluviais entre montañas. Mesetas no leste e sueste.
    • Emerxen arquipélagos no Pacífico.
    • Paisaxes variadas: grandes contrastes xeográficos.
  • Os ríos asiáticos son longos e caudalosos:
    • Os ríos do Ártico conxélanse boa parte do ano.
    • Os do sur atravesan selvas e inmensas chairas.
    • Os ríos grandes do Índico rematan en deltas.

S14.         

  • Relevo uniforme e vexetación de contrastes:
    • Altas mesetas con altitude media de 750 m.
    • No interior, depresións rodeadas de altas montañas.
    • Enormes fallas no leste: Grandes Lagos.
  • Vexetación: selvas, sabanas e desertos:
    • África ecuatorial: temperaturas altas; fortes chuvias: selvas.
    • Trópicos: desertos por ausencia de chuvias.
    • Entre trópicos e ecuador: sabanas.
  • Ríos africanos:
    • En xeral, ríos pouco caudalosos, agás os da zona ecuatorial.
    • Percorren penechairas.
    • Os desniveis das fallas producen fervenzas.
  • Resposta libre.

S15.         

  • Fervenza. Caída de auga desde certa altura, provocada polo desnivel existente no leito dun río.

S16.         

  • América presenta grandes contrastes físicos porque ten:
    • Cordais montañosos novos ao longo da costa do Pacífico.
    • Cerca do Atlántico: sistemas montañosos vellos.
    • Grandes chairas no centro.
    • En América do Norte: grandes lagos.
  • As costas americanas son pouco recortadas:
    • Costas atlánticas: baixas e suaves.
    • Costas do Pacífico: altas e acantiladas.
    • Zonas no noroeste con illas, penínsulas, cabos e golfos.
  • O Altiplano é unha alta meseta entre as cadeas montañosas dos Andes, que se bifurcan na rexión boliviano-peruana. Clima temperado pola altitude (4.000 m de media).

S17.         

  • Canón. Val estreito e longo de paredes verticais formadas xeralmente por un río.

S18.         

  • Os ríos de América son longos e caudalosos. Algúns salvan fortes desniveis, fervenzas.
  • Vertentes hidrográficas de América do Norte:
    • Vertente do Ártico, con ríos conxelados moitos meses.
    • Vertente do Atlántico: ríos longos e caudalosos.
    • Vertente do Pacífico: curtos e pouco caudalosos.
  • Vertentes de América do Sur:
    •  Vertente atlántica: ríos moi longos e caudalosos.
    • Vertente do Pacífico: ríos curtos con fortes pendentes.

S19.         

  • As illas de Oceanía pódense clasificar en:
    • Australia.
    • Terras oceánicas:
  • O relevo de Australia é uniforme:
    • Macizo amesetado de 300 m a 500 m de altitude.
    • Montañas só ao leste.
    • Gran depresión desde a baía de Carpentaria ata a Gran Baía.
  • O Ártico é un océano. A Antártida é un continente.

S20.         

  • Funcións da atmosfera:
    • Filtra os raios solares.
    • Protexe das radiacións prexudiciais.
  • Capas atmosféricas:
    • Troposfera,
    • Estratosfera,
    • Ionosfera.
  • Tempo: estado da atmosfera nun momento dado nun lugar determinado.
  • Clima: estado da atmosfera ao longo do ano e para o mesmo lugar.

S21.         

  • Factores xeográficos que inflúen no clima: latitude, altitude, proximidade ao mar, formas topográficas e correntes mariñas.
  • Elementos meteorolóxicos que configuran o clima: temperatura, presión atmosférica, ventos, humidade e precipitacións.
  • Determinan a temperatura: a latitude, as estacións do ano, as horas do día, a altitude e o mar.

S22.         

  • Anticiclón. Zona de altas presións.
  • Borrasca. Zona de baixas presións.
  • Fronte. Superficie de contacto entre dúas masas de aire que están a distinta temperatura.
  • Milibar. Unidade utilizada para medir a presión atmosférica.
  • Presión atmosférica. Forza que exerce a atmosfera sobre todos os corpos.

S23.         

  • A presión atmosférica normal, ao nivel do mar, é de 760 mm, equivalente a 1.013 milibares.
  • A presión atmosférica baixa, se aumenta a temperatura, a humidade do aire, a altitude do lugar e cando hai acumulación de aire.
  • O barómetro serve para medir a presión atmosférica.
  • Os ventos móvense desde as altas presións (anticiclóns) ás baixas presións (borrascas).

S24.         

  • Os ventos poden ser: constantes (alisios e contraalisios), periódicos, variables e locais.

S25.         

  • Humidade absoluta é a cantidade de vapor de auga da atmosfera.
  • Humidade relativa é a proporción entre a cantidade de vapor de auga que contén a atmosfera e a que podería conter ata estar saturada.
  • No ciclo da auga inflúen as transferencias entre os estados sólido, líquido e gasoso, mediante procesos cíclicos: precipitacións e evaporación.

S26.         

  • Climas cálidos: ecuatorial e tropicais (de sabana, monzónico e desértico).
  • Climas temperados: mediterráneo, oceánico e continental.
  • Climas fríos: siberiano, polar e de alta montaña.

S27.         

Un climograma representa a evolución das temperaturas e das precipitacións nun lugar durante un ano.

S28.         

Œ1

Termómetro

Presión atmosférica

2

2

Barómetro

Dirección vento

4

Ž3

Anemómetro

Cantidade de chuvia

5

4

Cataventos

Temperatura

1

5

Pluviómetro

Velocidade do vento

3

S29.         

Liñas

Unen

  • Isóbaras

–     Puntos xeográficos con igual presión atmosférica

  • Isohietas

–     Puntos xeográficos de igual presión anual

  • Isotermas

–     Puntos xeográficos que teñen igual temperatura

S30.         

  • En España danse os climas: oceánico, continental e mediterráneo.
  • Na península Ibérica sopran, habitualmente, os ventos do Atlántico Norte, do suroeste e do Mediterráneo.
  • Pola cantidade de chuvia recibida, hai tres Iberias ou zonas: Iberia húmida, Iberia seca e Iberia árida.

S31.         

  • O clima de Galicia é, en xeral, húmido e de temperaturas suaves. Corresponde a un clima de transición entre o clima oceánico e o continental.
  • As características do clima de Galicia son:
    • Case todo o litoral ten características do clima oceánico.
    • Gran parte do interior ten características propias do clima oceánico-continental.
    • A Galicia do sur e do sueste, de clima mediterráneo.
  • Ao clima de Galicia afectan especialmente dous factores xeográficos:
    • A distribución do relevo, ascendente de oeste a leste.
    • A corrente cálida do Golfo, que aumenta a humidade e dulcifica as temperaturas.
  • É decisivo no clima de Galicia o anticiclón das Azores:
    • Que se sitúa no verán na latitude da península Ibérica e impide a entrada das borrascas atlánticas.
    • Que está máis ao sur no inverno e permite que nos afecten as borrascas atlánticas.

 

S32.         

  • Do clima de Galicia derivan estas consecuencias:                    
    • Os solos reciben moita auga.
    • Pola evaporación da auga e a permeabilidade dos solos, hai secura estival.
    • Os ríos levan auga todo o ano.
    • Vexetación abundante.
    • Asentamento e distribución da poboación.
    • A secura estival favorece os incendios forestais.