A Terra: os continentes e o clima
2.1 - A atmosfera
A atmosfera, capa de aire que rodea a Terra, é imprescindible para a vida no planeta: filtra os raios solares e protexe os seres vivos das radiacións prexudiciais. Nas capas baixas prodúcense as precipitacións e os ventos, necesarios para a existencia de vexetais e animais.
A atmosfera subministra o aire necesario para calquera forma de vida, e está estruturada en capas: troposfera, estratosfera e ionosfera.
![]() |
|
Capas da atmosfera. Na atmosfera orixínanse os elementos que constitúen o clima. Exterior á atmosfera é a exosfera. |
