Saltar navegación

2.1.1 - Tempo e clima

  • Tempo: é o estado da atmosfera nun momento e lugar determinados, producido polos fenómenos meteorolóxicos: temperatura, presión do aire, ventos e precipitacións.
  • Clima é o estado medio da atmosfera ao longo do ano e para o mesmo lugar, é dicir, a sucesión das mesmas circunstancias meteorolóxicas segundo as estacións.

A ciencia que estuda o tempo chámase meteoroloxía. A climatoloxía estuda o clima.

 

Factores e elementos do clima

Os tipos de climas están determinados por factores xeográficos e elementos meteorolóxicos. Factores xeográficos son a latitude, altitude, proximidade ao mar, formas topográficas e correntes mariñas. Os elementos meteorolóxicos que constitúen o clima son a temperatura, a presión atmosférica, os ventos, a humidade e as precipitacións.

  • Temperatura: mídese co termómetro e está determinada por:
    • A latitude, da que depende a perpendicularidade dos raios solares: perpendiculares no Ecuador e moi inclinados nas zonas polares.
    • As estacións: ao longo delas varía a duración dos días e das noites e, por tanto, tamén as horas de sol.
    • As horas do día, que orixinan, normalmente, as temperaturas máximas nas primeiras horas da tarde e mínimas na mañanciña.
    • A altitude, que fai diminuír as temperaturas. Estímase, en xeral, que por cada 160 m de altura a temperatura baixa un grao.
    • O mar, que atenúa as diferenzas entre as temperaturas máximas e as mínimas nos lugares próximos á costa.

 

 zonas climaticas

Zonas climáticas terrestres

 

  • Isotermas: son liñas que une os puntos xeográficos que teñen igual temperatura. O ecuador térmicoé a isoterma correspondente ás temperaturas medias máximas.

 

isotermas de xaneiro 

Isotermas de xaneiro

 

 

 isotermas de xullo

Isotermas de xullo

 

 

 isotermas de Galicia

Mapa de isotermas de Galicia

 

 

  • Efecto foehn. Cando as nubes cargadas de humidade chocan contra un obstáculo montañoso, tentan superalo e descargan a auga en forma de chuvia ou neve. Na outra vertente da montaña hai menos humidade, menos precipitacións e máis temperatura.

 

 efecto foehn

Efecto foehn

 

 

  • A corrente do golfo: inflúe na fachada occidental do continente europeo. Grazas a ela o clima é, en xeral, máis moderado nesta zona ca nas costas do Atlántico oriental situadas na mesma latitude.

 

 corrente do Golfo

Corrente do Golfo

           

Presión atmosférica

Presión atmosférica é o peso do aire en relación coa superficie. A unidade de presión é omilibar. A presión normal, ao nivel do mar, é de 760 mm, equivalente a 1.013 milibares. A presión baixa ao aumentar a temperatura, a humidade do aire, a altitude do lugar e tamén cando se produce unha acumulación de aire.

 

isobaras 

Isóbaras son as liñas que enlazan os puntos xeográficos con igual presión atmosférica.

 

  • O barómetro: é un aparello que mide as variacións da presión e pode axudar a facer predicións do tempo. O máis común na actualidade é o barómetro que mide presións en virtude das alturas. Ás veces utilízanse barómetros de columna de mercurio.

O barómetro de mercurio foi inventado por Torricelli, científico italiano do século XVII. Nunha praia, Torricelli encheu de mercurio un tubo de vidro de case un metro de lonxitude. Tapou o extremo aberto cun dedo e inverteu o tubo, metendo o extremo co dedo nun recipiente de mercurio. Ao soltar o dedo, o mercurio do tubo descendeu neste ata uns 760 mm.  A columna de mercurio non baixou máis porque a atmosfera exerce presión na superficie do mercurio do recipiente igual á da columna do mercurio e equilíbranse.

Os ventos                                                                                             

Son correntes de aire froito de diferenzas de presión. As masas de aire móvense desde os centros de altas presións –anticiclóns– aos de baixas presións –borrascas–. A velocidade do vento mídese co anemómetro. O cataventos sinala a dirección. Os ventos poden ser:

  • Constantes: sopran durante o ano na mesma dirección.
  • Periódicos: sopran alternativamente nun ou noutro sentido durante certo tempo.
  • Variables: son os producidos polas perturbacións atmosféricas creadas polas frontes.
  • Locais: teñen intensidade irregular, case sempre sopran nunha mesma dirección. Son característicos de certas comarcas.

A temperatura quenta o aire en contacto coa superficie, faise así máis lixeiro e ascende. O seu lugar é ocupado polo aire frío, máis pesado, que se quentará novamente e ascenderá. Son as correntes de convección, causa do movemento das masas de aire que orixinan os ventos. O aire húmido é máis lixeiro e seco.

  • Ciclóns e anticiclóns: o ciclón, depresión ou borrasca é unha zona de baixas presión, xerada polo aire quente ao ascender. O anticiclón é unha zona de altas presións, xerada polo aire ao descender.

 

 correntes de convección Ventos dominantes 

Correntes de convección

Ventos dominantes na península Ibérica

 

  • Brisas costeiras.

 

brisa do mar   brisa de terra

Na costa, as terras quecen e arrefrían máis cás augas, por iso, polo día a temperatura da terra é máis elevada ca a do mar. O aire situado sobre a superficie terrestre ascende e orixina unha depresión que atrae o aire situado sobre a superficie marítima. É a brisa de mar. Á noite ocorre xustamente o contrario: brisa de terra

 

 

Nalgunhas zonas costeiras moi batidas polo vento mareiro a vexetación alí existente adoita buscar mecanismos de defensa para se protexer e subsistir. Por exemplo, os toxos acóchanse formando unhas típicas matas que o vento esvara sen poder penetralas. Se por calquera causa se abre unha fenda na planta, esta aos poucos días fica desfeita pola acción do vento.

  • Ventos alisios. Na zona ecuatorial, pola alta temperatura que sofre a superficie terrestre, o aire requéntase moito e ascende. Prodúcese unha zona de baixas presións permanentes ás que se dirixen os ventos desde as altas presións tropicais. Son os ventos constantes alisios. Nas capas altas da atmosfera sopran ventos en sentido contrario: contraalisios.

 

 alisios

Ventos alisios e contraalisios