1.1.6 - Biografía
Ramón Otero Pedrayo (1888–1976)
Coñecido como o patriarca das letras galegas, foi un polígrafo e viaxeiro incansable que destaca en diversos campos da literatura (novela, teatro, poesía). Grande orador e ensaísta. Dirixiu as obras Historia de Galicia, e Gran enciclopedia galega (primeiro director).É autor tamén de Síntese xeográfica de Galicia e da Guía de Galicia. Foi profesor na Universidade de Santiago. Gran parte da súa vida pasouna no pazo de Trasalba, cerca de Ourense, a onde acudían alumnos e investigadores. O pazo é actualmente casa museo.
Actividades propostas
S1. Descubrimentos:
- Como se foi coñecendo a superficie terrestre?
- Que feitos axudaron a coñecela?
S2. Europa:
- Poña nun cadro as características físicas de Europa.
- Clasifique en tres grupos os ríos europeos.
- Observe nun atlas o mapa físico de Europa: fíxese no relevo e siga o trazado dos ríos.
S3. Consulte no dicionario estes termos: arquipélago, baía, cabo, delta, esteiro, fiorde, golfo, marisma e tómbolo.
S4. Península Ibérica:
- Observe no mapa o relevo, as costas e os ríos ibéricos.
- Faga un esquema das unidades de relevo.
- Clasifique e caracterice os mares que bañan as costas de España.
S5. Ríos peninsulares:
- Clasifique por vertentes e identifique os ríos peninsulares.
- Como son os ríos da Iberia seca? E os da España húmida?
S6. Clasifique en esquema os solos ibéricos.
S7. Consulte e defina: cunca hidrográfica, réxime dun río, sedimento e vertente.
S8. Galicia:
- Observe os mapas de Galicia (físico, costeiro e fluvial), fixándose no relevo, nas costas e nos ríos.
- Clasifique en esquema as unidades de relevo galaico.
- Divida os solos de Galicia atendendo ás rochas predominantes.
S9. Costas:
- Como son as costas galegas?
- Como se orixinaron as rías?
- Que tipos de rías existen?
S10. Ríos:
- Caracterice os ríos galegos.
- Clasifique os ríos galegos por vertentes e cuncas.
S11. Que dúas grandes obras dirixiu Otero Pedrayo?
S12. Busque nun dicionario o significado de: cantil, divisoria de augas e leito dun río.