Saltar navegación

1.1.1 - Características físicas de Europa

  • Costas moi articuladas.Os mares penetran profundamente; os entrantes e saíntes sucédense no seu perímetro costeiro. Como consecuencia, todos os países europeos están relativamente preto do mar.

O recortado borde mariño de Europa orixina cabos, golfos, baías, rías, fiordes, arquipélagos, penínsulas, tómbolos, marismas…

Así mesmo, alternan os tramos costeiros baixos suaves cos altos e rochosos. A costa europea ofrece múltiples contrastes.

  • Variedade de paisaxes. No norte, o relevo é vello, de cumes suaves e desgastados; predominan os outeiros e as penechairas. No sur hai cordais de montañas novas e picos altos. Predominan os vales profundos e estreitos, pero tamén hai zonas chás e depresións. No centro esténdese unha gran chaira, de oeste a leste, que completa a variada fisionomía do continente europeo.

 

 caracteristicas

Picos máis altos de Europa