Saltar navegación

1.2.1 - Características físicas

  • Relevo de configuración complicada:
    • Asia ten unha altitude media de 1.000 m e as máximas alturas da Terra.
    • Hai terras chás, como as siberianas ao norte, e altas mesetas e cordais no centro.
    • Macizos desgastados nas penínsulas de Arabia e Indostán.
    • No leste e no sueste, chairas fluviais entre montañas e mesetas que chegan ao Pacífico, formando extensas penínsulas, como as de Corea, Indochina ou Malaca.
    • No océano Pacífico emerxen cumes de cadeas montañosas e forman arquipélagos, como o de Xapón, o de Filipinas e o de Indonesia.
  • Paisaxes variadas. Grandes contrastes xeográficos: elevados macizos montañosos, extensos desertos, inmensas chairas, selvas e costas recortadas con numerosas penínsulas.