Saltar navegación

2.1.4 Os climas da Terra

Os climas, en xeral, correspóndense coas zonas climáticas: na zona tórrida predominan os climas cálidos; na zona temperada, os climas temperados; nas zonas polares, os climas fríos. Con todo, existen excepcións pola intervención doutros factores climáticos.

 

 climas da Terra

Climas da Terra

 

 

Tipos de climas

  • Climas cálidos
  • Ecuatorial: temperaturas constantes e moi altas (media: 25º C), nubosidade e humidade permanentes, abundantes precipitacións ao longo do ano.
  • Tropicais: de sabana (tropical húmido, con estación seca e temperaturas altas), monzónico (temperaturas elevadas, cunha estación seca no inverno e outra húmida –estación das chuvias– no verán) e desértico (escasísima humidade e chuvias case nulas. Grandes contrastes de temperatura entre o día e a noite).
  • Climas temperados
  • Mediterráneo: veráns cálidos e secos, invernos suaves e chuviosos
  • Oceánico: invernos suaves e veráns frescos, nubosidade e humidade constantes, as chuvias predominan no inverno.
  • Continental: invernos fríos e longos, veráns cálidos, primavera e outono curtos, chuvias no verán.
  • Climas fríos
  • Siberiano: invernos moi fríos e longos.
  • Polar: practicamente sen verán, invernos de oito ou nove meses, moi fríos; precipitacións sempre en forma de neve.
  • De alta montaña: a temperatura diminúe un grao por cada 160 m de elevación.

 

Climogramas

Son gráficos que representa a evolución das temperaturas e das precipitacións nun lugar determinado ao longo do ano. A temperatura exprésase en graos celsius e as precipitacións en milímetros.

 

 

 climograma. Exemplo  climograma. Exemplo climograma. Exemplo 
 climograma. Exemplo climograma. Exemplo  climograma. Exemplo 
climograma. Exemplo  climograma. Exemplo  climograma. Exemplo 

Climogramas de distintos tipos de climas

 

Meteoroloxía

É a ciencia que estuda a atmosfera e osmeteoros ou fenómenos atmosféricos, como o vento, a chuvia, a neve, o arco da vella, o raio... É moi importante para a agricultura, para o turismo, a navegación aérea e marítima e para a pesca

Os meteorólogos utilizan aparellos que subministran datos para poder prognosticar con certa seguridade o tempo que haberá en períodos máis ou menos longos.

Os postos de observación e recepción de datos –estacións meteorolóxicas– sitúanse en puntos estratéxicos da superficie terrestre e en barcos meteorolóxicos. Tamén hai satélites artificiais especializados en análises e fotografías de fenómenos climatolóxicos que facilitan o labor das persoas que prognostican o tempo.

Os datos meteorolóxicos, como temperaturas, precipitacións, vento, humidade e presión atmosférica tabúlanse para estudar e predicir o tempo.

 

 cataventos  anemómetro pluviómetro 

Aparellos meteorolóxicos

 

Os monzóns

Durante o verán as terras asiáticas manteñen sempre temperaturas superiores ás do océano Índico. Isto orixina unha zona permanente de baixas presións, que atraen os ventos cargados de humidade –monzóns de verán– procedentes do océano. É a estación das chuvias.

Pola contra, no inverno fórmanse as baixas presións no océano, por ter temperaturas máis altas cás do continente. En consecuencia, os ventos secos sopran constantes desde a terra ao mar monzóns de inverno– . É a estación seca.

 

 monzóns

Mapa dos monzóns

 

 

 

Actividades propostas

S25.   Auga:

  • En que se diferencia a humidade absoluta da relativa?
  • Que feitos inflúen no ciclo da auga?

S26.    Transforme en esquema o cadro dos tipos de climas.

S27.    Que representa un climograma?

S28.    Emparelle:

Œ1

Termómetro

Presión atmosférica

 

Barómetro

Dirección vento

 

Ž3

Anemómetro

Cantidade de chuvia

 

4

Cataventos

Temperatura

 

5

Pluviómetro

Velocidade do vento

 

S29.    Complete:

Liñas

Unen

  •  Isóbaras

 

  •  Isohietas

 

  •  Isotermas