Saltar navegación

1.3.1 - Características físicas

  • Relevo uniforme:
    • Predominan as altas mesetas. No interior hai depresións (Chad, Sáhara, Kalahari, Congo) rodeadas de sistemas montañosos: montes Tibesti, montes de Kenia, Kilimanxaro e montes Drakensberg.
    • Hai enormes fallas, como a que orixinou a zona dos grandes lagos, no leste do continente.
  • Selvas, sabanas e desertos:
    • África é o continente máis cálido: o ecuador atravésao polo centro.
    • Na África ecuatorial as temperaturas altas e as abundantes chuvias favorecen o desenvolvemento da selva, con moitas especies vexetais. Abundan as árbores de madeiras nobres: caoba, ébano, palisandro…
    • Nos trópicos, a ausencia de chuvias orixina os desertos do Sáhara no norte e de Kalahari e Namib no sur.
    • Entre os trópicos e o ecuador están as sabanas: zonas de cultivos (millo, sorgo, millo miúdo, algodón , cacahuete…). Aquí viven animais herbívoros, como antílopes, cebras, xirafas, hipopótamos, elefantes, rinocerontes… e carnívoros, como o león. Tamén abundan as aves zancudas e as avestruces.
  • Grandes lagos:
    • En África central hai grandes lagos (Vitoria, Tanganica, Malawi…) situados nunha extensa meseta, a uns 1.000 m de altitude. Dalgúns nacen ríos tan importantes como o Nilo e o Zaire.
    • É unha zona de vexetación abundante e variada fauna, onde se crearon parques
    • Naturais e reservas de animais.

 

picos Africa 

Picos máis altos de África