Saltar navegación

2.2.2 - Lectura

Os hórreos

Unha construción típica galega, claramente motivada polas características do noso clima, é o hórreo, empregado para gardar o millo e outros froitos, aireados e protexidos da humidade. Ao longo da xeografía galega presenta singulares variantes adaptadas ás características climáticas e tipos de cultivos.

O hórreo recibe distintos nomes segundo as comarcas: canastro, piorno, cabazo, cabaceiro, sequeiro, cabana, palleira, graneira ...

 

A representación máis antiga que se conserva dun hórreo en Galicia data do século XIII. Atópase nas Cantigas de Santa María, de Afonso X o Sabio.

 hórreos de Galicia