Saltar navegación

3. - Resumo de contidos

Os continentes

O coñecemento do planeta (masas continentais e mariñas) foi lento. Axudaron a exploralo as viaxes mercantís e as expedicións guerreiras e científicas.

Europa: 10 millóns de km2

  • Características físicas:
    • Costas moi articuladas: case todos os países están cerca do mar.
      • Numerosos cabos, illas, golfos, rías, arquipélagos…
      • Contrastes na costa: tramos baixos alternan cos rochosos.
    • Variedade de paisaxe: vello e desgastado no norte.
      • Cordais altos e desgastados no sur. Tamén hai chairas.
      • Centro: gran chaira de oeste a leste.
  • Hidrografía:
    • Ríos do leste e do centro: os máis longos e caudalosos do continente.
    • Ríos do oeste: máis curtos.
    • Ríos que verten nos mares Mediterráneo, Caspio e Negro: deltas.
    • Ríos do Atlántico: amplos estuarios.

A península Ibérica

  • Relevo: moi variado. Unidades:
    • Meseta Central:
      • Dividida polo cordal Central: submesetas Norte e Sur.
      • Submeseta Norte: regada polo Douro.
      • Submeseta Sur: bañada polo Teixo e Guadiana. Dividida polos montes de Toledo.
    • Montañas exteriores á meseta Central:
      • Macizo Galaico e montes de León.
      • Cordal Cantábrico.
      • Montañas Vascas.
      • Pireneos.
      • Sistema Ibérico.
      • Serra Morena.
      • Sistemas Subbético e Penebético.
    • Depresións do Ebro e do Guadalquivir.
  •  Mares e costas peninsulares:
    • Costas ibéricas: pouco articuladas, bañadas polo Cantábrico, Atlántico e Mediterráneo.
    • Cantábrico e Atlántico: fortes ondas, intensas correntes e amplas mareas. Erosionan e arrastran materiais. Augas frías e pouco salgadas: abundancia de peixes.
    • Mediterráneo: ondas e correntes menores. Mareas pouco amplas. Menor poder erosivo. Augas menos frías e máis salgadas.
  • Hidrografía: ríos de escaso caudal e réxime irregular. Hai diferenzas:
    • Vertente atlántica: ríos máis longos e caudalosos. Réxime máis regular.
    • Vertente mediterránea: curtos e irregulares, agás o Ebro.
    • No sur e leste, os ríos teñen caudal moi baixo.
    • Ríos cantábricos e atlánticos: caudais anuais máis elevados.
  • Solos da península Ibérica:
    • Terreos graníticos ou silíceos.Terreos calcarios.Terras arxilosas.

Galicia         

  • Relevo: macizo Galaico. Formas redondeadas. A progresiva elevación oeste-leste obriga a moitos ríos a desembocar no Atlántico.

Unidades de relevo:

    • Cadeas costeiras.
    • Fosa Padrón-Tui.
    • Chanzo de Santiago.
    • Serras Setentrionais.
    • Dorsal Galega.
    • Gran Penechaira galega. Depresións de Lemos, Sarria, Lugo e As Pontes.
    • Macizo Suroriental.
    • Serras Orientais.
  • Solos:
    • Galicia occidental: cantaría ou granito.
    • Galicia oriental: lousa e xisto.
  • Costas: bañadas polo Cantábrico e o Atlántico. Son as máis articuladas da Península. Numerosos cabos e rías.
  • Rías: vales fluviais asolagados polo mar. Altas. Medias. Baixas: illas na entrada e no interior.
  • Hidrografía:
    • Os numerosos ríos galegos caracterízanse por: abundante caudal, réxime regular e curso curto.
    • Vertentes: cantábrica e atlántica (catro grupos: ríos que desembocan nas rías atlánticas, cunca do Miño, cunca do Limia e afluentes do Douro).

Asia: 44 millóns de km2. O continente máis extenso

  • Características físicas:

    • Relevo de configuración complicada:
      • Terras chás ao norte e cordais ao sur.
      • Macizos desgastados: penínsulas de Indostán e Arabia.
      • Chairas fluviais entre montañas. Mesetas no leste e sueste.
      • Emerxen arquipélagos no Pacífico.
      • Paisaxes variadas: grandes contrastes xeográficos.
  • Hidrografía: ríos longos e caudalosos.
    • Os ríos do Ártico conxélanse boa parte do ano.
    • Os do sur atravesan selvas e inmensas chairas.
    • Os ríos grandes do Índico rematan en deltas.

África: 20 millóns de km2

  • Relevo uniforme:
    • Altas mesetas con altitude media de 750 m.
    • No interior, depresións rodeadas de altas montañas.
    • Enormes fallas no leste: Grandes Lagos.
  • Selvas, sabanas e desertos:
    • África ecuatorial: temperaturas altas; fortes chuvias: selvas.
    • Trópicos: desertos por ausencia de chuvias.
    • Entre trópicos e ecuador: sabanas.
  • Grandes Lagos: situados en extensa meseta, a 1.000 m de altitude.
  • Hidrografía: en xeral, ríos pouco caudalosos, agás os da zona ecuatorial. Percorren penechairas. Os desniveis das fallas producen fervenzas.

América: 42 millóns de km2. Desde o Ártico á Antártida

  • Características físicas:
    • Grandes contrastes físicos:
      • Cordais montañosos novos ao longo da costa do Pacífico.
      • Cerca do Atlántico: sistemas montañosos vellos.
      • Grandes chairas no centro.
      • En América do Norte: grandes lagos.
    • Costas pouco recortadas:
      • Costas atlánticas: baixas e suaves.
      • Costas do Pacífico: altas e acantiladas.
      • Zonas no noroeste con illas, penínsulas, cabos e golfos.
    • Variedade de paisaxes:
      • Contraste de altos cordais (Andes) e extensas chairas (pampas).
      • Xunglas do Amazonas en América do Sur. Desertos con profundos canóns en América do Norte.
      • Illas fértiles no mar Caribe. Extensas illas peladas en América do Norte.
  • O Altiplano: alta meseta entre as cadeas montañosas dos Andes, que se bifurcan na rexión boliviano-peruana. Clima temperado pola altitude (4.000 m de media).
  • Hidrografía: ríos longos e caudalosos. Algúns salvan fortes desniveis, fervenzas.
    • América do Norte: tres vertentes:
      • Vertente do Ártico, con ríos conxelados moitos meses.
      • Vertente do Atlántico: ríos longos e caudalosos.
      • Vertente do Pacífico: curtos e pouco caudalosos.
    • América do Sur:
      • Vertente atlántica: ríos moi longos e caudalosos.
      • Vertente do Pacífico: ríos curtos con fortes pendentes.

Oceanía: conxunto de máis de 10.000 illas do Pacífico

  • Australia e terras oceánicas. Características físicas:
    • Australia:
      • Relevo uniforme. Macizo amesetado de 300-500 m de altitude.
      • Montañas só ao leste.
      • Gran depresión desde a baía de Carpentaria ata a Gran Baía.
    • Terras oceánicas:
      • Numerosas illas do Pacífico: Nova Guinea, Nova Celandia…
      • Moitas illas son coraleiras.

As rexións polares: a rexión ártica e a Antártida

  • O Ártico:
    • Océano rodeado polas terras setentrionais de Europa, América e Asia; tamén por Grenlandia.
    • Cuberto de capa de xeo de espesor variable (3,5 m de media)
  • A Antártida: 14 millóns de km2. Cuberta por capa de xeo de 3.000 a 4.000 m de espesor.

Atmosfera: capa de aire que envolve a Terra

  • Imprescindible para a vida no planeta:
    • Filtra os raios solares.
    • Protexe das radiacións prexudiciais.
  • Capas: troposfera, estratosfera, ionosfera. Exterior á atmosfera: exosfera.

Tempo e clima

  • Tempo: estado da atmosfera nun momento dado nun lugar determinado.
  • Clima: estado da atmosfera ao longo do ano para o mesmo lugar.
  • A meteoroloxía estuda o tempo.
  • A climatoloxía estuda o clima.
  • Factores e elementos do clima:
    • Factores xeográficos: latitude, altitude, proximidade ao mar, formas topográficas e correntes mariñas.
    • Elementos meteorolóxicos: temperatura, presión atmosférica,ventos, humidade e precipitacións.
  • Temperatura. Está determinada por: a latitude, as estacións, as horas do día, a altitude, o mar.
    • Termómetro: mide a temperatura.
    • Isoterma: liña que une os puntos xeográficos que teñen igual temperatura.
    • Ecuador térmico: isoterma correspondente ás temperaturas medias máximas.
  • Presión atmosférica: peso do aire en relación coa superficie. Unidade: milibar.
    • Presión normal: 760 mm, equivalente a 1.013 milibares.
    • Baixa a presión: se aumenta a temperatura, a humidade do aire, a altitude do lugar. Tamén se hai acumulación de aire.
    • Barómetro: mide a presión atmosférica.
  • Os ventos: correntes de aire orixinadas polas diferenzas de presión.

As masas de aire móvense desde os centros de altas presións –anticiclóns- aos de baixas presións –borrascas-.

Os ventos poden ser:

    • Constantes: alisios e contraalisios.
    • Periódicos.
    • Variables.
    • Locais.
    • Brisas costeiras:
      • Brisa de mar: os días cálidos, do mar á terra.
      • Brisa de terra: pola noite, da terra ao mar.
    • Ventos alisios: sopran desde as altas presións tropicais á zona ecuatorial.
    • Contraalisios: sopran en sentido contrario, nas altas capas da atmosfera.

Circulación atmosférica

  • En cada hemisferio hai dúas capas de aire que se mesturan:
    • Aire tropical quente.
    • Aire polar frío.
  • As superficies de contacto son frontes: perturbacións que orixinan cambios de tempo.
  • A fronte polar separa, na zona temperada, o aire tropical do aire polar: borrasca.
  • Humidade e precipitacións:
    • Humidade absoluta: cantidade de vapor de auga que contén a atmosfera nun momento determinado.
    • Humidade relativa: proporción entre o vapor de auga contido na atmosfera e a cantidade máxima que podería conter.
  • Condensación: arrefriamento do vapor de auga, que pode orixinar nubes ou chuvia.
  • Pluviómetro: mide a cantidade de chuvia que cae nun lugar.
  • Ciclo da auga: fluxo ou intercambio entre os compartimentos de auga:
    • Transferencias entre os estados sólido, líquido e gasoso.
    • Mediante procesos cíclicos: precipitacións e evaporación.

Tipos de climas

  • Climas cálidos:
    • Ecuatorial.
    • Tropicais: de sabana, monzónico e desértico.
  • Climas temperados:
    • Mediterráneo
    • Oceánico.
    • Continental.
  • Climas fríos:
    • Siberiano.
    • Polar.
    • De alta montaña.
  • Climograma: gráfico que representa a evolución das temperaturas e das precipitacións nun lugar ao longo do ano.

Climas da península Ibérica

  • Oceánico.
  • Continental.
  • Mediterráneo.

Ademais dos factores xeográficos, inflúe nos cambios de tempo da península Ibérica a rotación sobre ela das distintas masas de aire:

  • Anticiclón dos Azores.
  • Borrascas atlánticas.
  • Anticiclón invernal de Centroeuropa.
  • Anticiclón do norte de África.
  • Borrascas mediterráneas.

Climas de Galicia

  • En xeral, tempo húmido e de temperaturas suaves: clima de transición entre clima oceánico e continental.
    • No litoral: clima oceánico.
    • No interior: clima oceánico-continental.
    • No sur e sueste: clima mediterráneo.
  • A elevación oeste-leste propicia máis precipitacións na fachada atlántica ata a dorsal Galega.
  • O anticiclón dos Azores inflúe no clima de Galicia:
    • No inverno, está ao sur e deixa acercar a fronte polar: tempo húmido.
    • No verán, está máis ao norte e impide o acercamento da fronte polar.

 

Consecuencias do clima

  • Os sol reciben moita auga.
  • Pola evaporación da auga e a permeabilidade dos solos, hai seca estival.
  • Os ríos levan auga todo o ano.
  • Vexetación abundante.
  • Densidade e espallamento da poboación.
  • A secura estival favorece os incendios forestais.

Meteogalicia

Organismo para prognosticar o tempo en Galicia.