A Terra: os continentes e o clima
5.3 Test de autoavaliación
1. Os continentes e os océanos fóronse descubrindo lentamente, grazas a:
- Viaxes mercantís, expedicións científicas e guerreiras.
2. Europa, península de Asia, ten unha extensión de:
- 10 millóns de km2.
3. O relevo ibérico pódese estruturar arredor de:
- Meseta Central.
4. As costas de Galicia teñen unha característica case exclusiva: as rías, que poden ser:
- Altas, medias e baixas.
5. A canle de Panamá funciona grazas a:
- Esclusas.
6. No sueste asiático os monzóns sopran verán e inverno…
- Os monzóns de verán e inverno orixinan unha estación chuviosa e outra seca respectivamente.
7. Os microclimas son:
- Climas específicos, diferentes do clima xeral da zona circundante.
8. O clima oceánico ten:
- Invernos suaves e veráns frescos.
9. A capa exterior á atmosfera chámase:
- Exosfera.