Pionnières interculturelles

Visto: 0 veces
2024-09-25

Pionnières interculturelles organízase en cinco unidades didácticas que permiten practicar a compresión, a mediación, e a produción orais e escritas da lingua francesa a partir da vida e da obra de mulleres francófonas de diferentes orixes xeográficas, étnicas e culturais que foron pioneiras nos seus ámbitos vitais e profesionais.

Un parque animado

Visto: 0 veces
2024-09-24

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 -dun total de 7- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe está deseñada co fin de introducir ao alumnado no coñecemento e aplicación dos mecanismos, mediante a planificación e deseño dunha instalación para mellorar o benestar das persoas usuarias do seu barrio.

La magia de la electricidad

Visto: 0 veces
2024-09-23

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 5 -dun total de 7- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe que desenvolve pretende introducir ao alumnado no coñecemento e aplicación da electricidade para a resolución de problemas.

Viaje programado

Visto: 0 veces
2024-09-22

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 6 -dun total de 7- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe que desenvolve pretende un primeiro achegamento á programación e introduce aos estudantes na solución de problemas informáticos a través de algoritmos e diagramas de fluxo, así como a súa posterior tradución nunha aplicación sinxela mediante unha linguaxe de programación.

¡Todo bajo control! Automatizando nuestra aula

Visto: 0 veces
2024-09-21

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 7 -dun total de 7- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe que desenvolve está deseñada co fin de introducir aos estudantes na automatización e robótica, partindo do contexto da súa aula, e propoñendo alternativas de automatización que melloren o benestar das persoas usuarias, e supoñan un aforro enerxético.

Teoremas e trigonometría

Visto: 0 veces
2024-09-11

Unidade que traballa, entre outras cousas, contidos e actividades sobre teoremas e trigonometría: teoremas da altura, cateto, Pitágoras e Tales; semellanzas e trigonometría básica.

Abrangue ademais dos contidos de matemáticas; libro sobre un famoso matemático histórico con actividades sobre o mesmo, actividades de matemática recreativa (lóxica matemática), actividades de vocabulario en lingua inglesa, ligazóns a xogos e vídeos en liña e un traballo colaborativo.

Curvas, corpos e transformacións xeométricas

Visto: 0 veces
2024-09-11

Unidade que traballa, entre outras cousas, contidos e actividades sobre: circunferencia e círculo, poliedros e corpos redondos, simetrías, translacións e xiros.

Abrangue ademais dos contidos de matemáticas; libro sobre un famoso matemático histórico con actividades sobre o mesmo, actividades de matemática recreativa (lóxica matemática), actividades de vocabulario en lingua inglesa, ligazóns a xogos e vídeos en liña e un traballo colaborativo.

Polígonos

Visto: 0 veces
2024-09-11

Unidade que traballa, entre outras cousas, contidos e actividades sobre os polígonos: elementos que os conforman, clasificacións, suma de ángulos, triángulos, cuadriláteros, perímetros e áreas...

Abrangue ademais dos contidos de matemáticas; libro sobre un famoso matemático histórico con actividades sobre o mesmo, actividades de matemática recreativa (lóxica matemática), actividades de vocabulario en lingua inglesa, ligazóns a xogos e vídeos en liña e un traballo colaborativo.

Elementos básicos da xeometría

Visto: 0 veces
2024-09-11

Unidade que traballa, entre outras cousas, contidos e actividades sobre os elementos básicos da xeometría: o punto, a recta, a semirrecta, o segmento, o plano e o ángulo.