Un parque animado
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 -dun total de 7- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe está deseñada co fin de introducir ao alumnado no coñecemento e aplicación dos mecanismos, mediante a planificación e deseño dunha instalación para mellorar o benestar das persoas usuarias do seu barrio.
No reto proposto, o alumnado estudará diferentes mecanismos e os seus principios básicos de funcionamento, e realizará unha maqueta dunha máquina para un parque biosaudable.