La tecnología da mucho juego

Visto: 0 veces
2024-09-27

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 -dun total de 7- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe que desenvolve ofrece ao alumnado un primeiro achegamento á tecnoloxía. Tamén lles introduce no deseño de pezas, tanto en 2D como en 3D, así como na fabricación dixital de pezas sinxelas empregando unha impresora 3D e/ou unha cortadora láser.

Sin miedo a hacer clic

Visto: 0 veces
2024-09-26

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 -dun total de 7- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe que desenvolve ten como fío condutor o manexo correcto e seguro das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), incidindo na protección dos equipos, dos datos e das persoas, desde o respecto ás normas de etiqueta dixital e aos dereitos de autoría.

¡Cómo está el patio!

Visto: 0 veces
2024-09-25

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 -dun total de 7- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe está deseñada para iniciar ao alumnado no proceso tecnolóxico e nos principais elementos estruturais. Traballando cun enfoque competencial, coñecerán os tipos de esforzos e as cargas ás que están sometidas as estruturas, iniciándose no manexo dos materiais e ferramentas básicas, e cumprindo coas normas de seguridade e hixiene.

Diversificación Curricular para 3º de ESO: A (re)volta ao día en 80 mundos

Visto: 0 veces
2024-09-25

Cuarta unidade do curso completo do ámbito sociolingüístico para o curso do Programa de Diversificación Curricular de 3º ESO.   O centro temático desta unidade  pertence á área de Xeografía e Historia:  son as revolucións que cambiaron o mundo desde 1789 en adiante.

Diversificación Curricular para 3º de ESO: Entre Guerras

Visto: 0 veces
2024-09-25

Partindo dun tema da área de Xeografía e Historia , os conflitos do século XX, vaise articulando toda a unidade  que abrangue os contidos pertencentes ás diferentes disciplinas que integran o Ámbito Sociolingüístico: Lingua Inglesa, Lingua Galega, Lengua Castellana e Xeografía e Historia. En cada sección trabállase un xogo para fomentar a aprendizaxe baseada en xogos e inclúese tamén unha proposta de situación de aprendizaxe e un traballo por proxectos.