¡Todo bajo control! Automatizando nuestra aula
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 7 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 1º ESO. A situación de aprendizaxe que desenvolve consiste en automatizar algunha variable física na maqueta da súa aula, de xeito que se mellore o benestar das persoas usuarias desta e/ou consegua algún aforro enerxético.
Este REA presenta a particularidade de poder facer as actividades con dúas placas robóticas que podemos ter nos nosos centros educativos (placa Mbot Auriga do robot Mbot Ranger e a placa Microbit).