Polígonos
Unidade que traballa, entre outras cousas, contidos e actividades sobre os polígonos: elementos que os conforman, clasificacións, suma de ángulos, triángulos, cuadriláteros, perímetros e áreas...
Abrangue ademais dos contidos de matemáticas; libro sobre un famoso matemático histórico con actividades sobre o mesmo, actividades de matemática recreativa (lóxica matemática), actividades de vocabulario en lingua inglesa, ligazóns a xogos e vídeos en liña e un traballo colaborativo.