Pasaporte emocional. Encerado (debuxo libre)
Materia: Benestar emocional na aula
Descrición: Encerado que conta con numerosas ferramentas para debuxar: figuras xeométricas, liñas, frechas, pincel, cadro de texto, inserción de imaxes, goma de borrar etc. O alumnado poderá personalizar o panel de debuxo cambiando a cor de fondo, modificando o formato dos elementos seleccionados e desprazándoos ao lugar de preferencia para realizar composicións creativas, esquemas ou mapas conceptuais.
Tipo de recursos:
Pasaporte emocional. Diario de viaxe
Materia: Inglés
Descrición: Contido interactivo que permite ao alumnado crear o seu propio diario de viaxe rexistrando as súas experiencias nas distintas paradas da iniciativa Pasaporte emocional. A narrativa dunha viaxe emocionante e a creación dinámica do diario, que recolle as preferencias de cada persoa no seu deseño (cor, fotografías etc.), motivan ao alumnado a anotar un breve resumo co que se queda de cada destino, contribuíndo así á asimilación do coñecemento adquirido e a súa expresión escrita.
Autocoidado emocional. Sorteo de autoagasallos
Materia: Benestar emocional na aula
Descrición: Pílula interactiva que promove a adquisición de rutinas de autocoidado entre o alumnado a través dunha dinámica na que cada estudante elaborará unha lista propia de pequenos regalos que facerse no día a día. Posteriormente e durante unha semana, o alumnado entrará no contido para atopar un regalo diferente e aleatorio da súa lista que terá que desfrutar ao longo do día.
Tipo de recursos:
Unha pequena viaxe pola música do mundo: (5) Banaha
Unidade 5 do proxecto "Unha pequena viaxe pola música do mundo" para traballar o currículo de 5º de primaria a través de actividades baseadas en cancións pertencentes á música tradicional ou floclore de diversos paises do mundo.
Congo é o protagonista desta unidade.
Pasaporte emocional. Viaxe emocionante (EP)
Materia: Benestar emocional na aula
Descrición: Contido dinámico e interactivo que permite ao alumnado traballar distintas competencias emocionais, intrapersoais e sociais a partir dunha viaxe a distintos escenarios reais nos que irá superando retos. Emprégase a arte, a historia e a narrativa para profundar no traballo introspectivo do alumnado, así como para fomentar debate e pensamento crítico.
Tipo de recursos:
Pasaporte emocional. Crea o teu propio avatar (es)
Materia: Benestar emocional na aula
Pasaporte emocional. Crea o teu propio avatar (gal)
Materia: Benestar emocional na aula
Mesma música, distinto son. UD7
Proxecto musical conformado por nove unidades didácticas deseñadas empregando metodoloxías de ensino alternativas, baseadas na aplicación práctica dos contidos dende unha perspectiva lúdica que fomente a aprendizaxe por descubrimento guiado.
Mesma música, distinto son. UD6
Proxecto musical conformado por nove unidades didácticas deseñadas empregando metodoloxías de ensino alternativas, baseadas na aplicación práctica dos contidos dende unha perspectiva lúdica que fomente a aprendizaxe por descubrimento guiado.