Prefixos e sufixos
Existen dúas partículas que por si mesmas non teñen significado, pero uníndoas a outras palabras fan que cambie o seu significado. Estas son:
Prefixos
Son partículas que se engaden ao inicio das palabras para obter un novo significado, dependendo do prefixo que se coloque terá un ou outro significado.
Sufixos
Son partículas que se engaden ao final das palabras para obter un novo significado, dependendo do sufixo que se coloque terá un ou outro significado.
Prefixos
A- an- anti-
Oposto ou contrario. Anormal.
Bi-
Dous ou dúas veces. Bilingüe.
Des-
Negación. Desconforme.
Hiper-
Superioridade. Hipermercado.
I- In- Im-
Negación. Inmortal.
Pre-
Con anterioridade. Precociñado.
Re-
Volver a. Remover.
Sobre-
Exceso. Sobrecarga.
Sub-
Debaixo de. Submarino.
Sufixos
-eiro -eira
Oficio ou profesión. Carniceiro.
Froiteiro. Laranxeiro.
Xentilicio. Rianxeira.
-dor -dora
Nomea a partir dun verbo. Traballador.
-ista
Profesión ou oficio. Pianista.
-logo
Especialista. Neurólogo.
-oso -osa
Forma adxectivos de substantivos. Chuvioso.
-mente
Forma adverbios a partir de adxectivos. Rapidamente.
-ar
Pertence a. Muscular.
-iño -iña
Pequeno ou pequena. Rosiña.
-ón óna
Grande. Cabezón.