Glosario
Contorna
-
Definición:
-
Lugar físico ou social no que vivimos ou nos movemos. Pode ser a escola, a casa, a vila ou o mundo que nos rodea.
-
Exemplo:
-
Na miña contorna fálase galego e castelán.
Gramática

-
Definición:
-
Regras que nos axudan a construír frases e a usar ben as palabras, como saber cando unha palabra é feminina ou masculina, ou como se conxugan os verbos.
-
Exemplo:
-
Segundo a gramática, temos que poñer o artigo ‘a’ diante de palabras femininas como ‘a escola’.
Ortografía
-
Definición:
-
Conxunto de regras que nos din como escribir correctamente as palabras dunha lingua.
-
Exemplo:
-
Grazas á ortografía sei que ‘casa’ leva ‘s’ e non ‘z’.
