O reto final será crear unha exposición dos contos recomendados cun marcapáxinas sobre cada un deles, onde se buscará fomentar a lectura, animando a comezar polos contos seleccionados. Ademais, os marcapáxinas incluirán instrucións de elaboración para que todo o mundo poida contar cun propio.
Estes serán os pasos para alcanzar o reto:
Animación a lectura con marcapáxinas
1º Creación de grupos
Organizarédesvos en grupos non moi grandes, para que así o traballo sexa máis levadeiro e eficiente.
2º Elección e análise do conto
Seleccionaredes os contos que máis vos gusten, faredes unha análise deles e escolleredes un sobre o que traballar.
3º Creación de marcapáxinas
Co conto escollido buscaredes diferentes marcapáxinas para crear o do voso conto con luz.
4º Creación de texto instrutivo
Despois de realizar o voso marcapáxinas, elaboraredes un texto instrutivo nun procesador de textos, para que quen o desexe poida crear tamén o seu.
5º Difusión á comunidade educativa
Tendo claro o noso obxectivo, que é o fomento da lectura, expoñeremos na biblioteca do centro os contos seleccionados con cadanseu marcapáxinas.