Elaboración do proxecto
Inspiración
Collede o conto e reflexionade sobre el: que é o que vos gusta? Por que ese conto? Facede unha choiva de ideas e pensade no que queredes transmitir para animar a súa lectura, unha imaxe, unha oración... Que é o que ides facer no voso marcapáxinas?
Deseño
Unha vez que xa sabedes o que vai levar o voso marcapáxinas é o momento de facer o deseño. Escollede o tipo de marcapáxinas que queredes facer e bosquexade o resultado que queredes obter. Pensade en todos os detalles e se queredes que leve luz ou non.
Elaborar o marcapáxinas
É o momento de poñerse mans á obra. Collede o material que precisades e, de forma organizada, comezade a elaborar o marcapáxinas do voso conto. Anotade os pasos que ides facendo.
Texto instrutivo
Xa tedes o marcapáxinas: agora debedes elaborar un texto instrutivo para que todo o alumnado que o desexe teña o seu. Usade o procesador de textos e indicade todos os pasos para que sexa posible a súa consecución.
Avaliación
Revisade o traballo feito para comprobar que todo está correcto e modificar o que consideredes mellorable.
Unha vez rematado, é o momento de valorar o traballo feito.