Saltar navegación

4.7. Reflexión

Reflexionades sobre o voso reto

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Agora que xa chegastes ao final desta viaxe creativa, é momento de mirar cara atrás e pensar en todo o que fixestes. Lembra o conto que escolliches, como ideaches o teu marcapáxinas e como traballaches co teu equipo para que todo funcionase. Tamén aprendiches a explicar os pasos para que outras persoas poidan repetir a túa creación.

Responde ás seguintes preguntas no teu diario de aprendizaxe:

  • Que parte do proceso foi a máis divertida para ti? Por que?
  • Que che resultou máis difícil e como conseguiches superalo?
  • Que aprendiches sobre traballar en equipo?
  • Como valoras o teu uso do galego durante este reto?
  • Se tiveses que facer outro marcapáxinas, que farías diferente?

Lectura facilitada

Chegaches ao final desta viaxe creativa.

É hora de lembrar o que fixeches.

Pensa no conto que escolliches.

Pensa no marcapáxinas que creaches co teu equipo.

Tamén aprendiches a explicar os pasos.


Responde no teu diario de aprendizaxe:

  • Que foi o máis divertido para ti? Por que?
  • Que foi o máis difícil? Como o superaches?
  • Que aprendiches sobre traballar en equipo?
  • Como usaches o galego neste reto?
  • Se fixeras outro marcapáxinas, que cambiarías?

Reflexiona con calma.

As túas respostas axudaranche a mellorar.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)