Saltar navegación

3.3. Segunda parada

Cantas palabras...

Uxía atopou unha chea de palabras na súa lectura... Pero, como pode clasificalas?

Principais clases de palabras

As palabras teñen diferentes funcións e cada unha destas funcións é unha categoría. As principais son as seguintes: 

Substantivos

Son as palabras que nomean (tamén chamadas nomes), poden ser seres vivos, obxectos, ideas ou sentimentos. Por exemplo: nena, gato, cadeira ou tristeza.

Determinantes

Son as palabras que van co substantivo e que o determinan. Poden ser: artigos, demostrativos, posesivos, numerais ou indefinidos. Por exemplo: a nena, este gato, a miña cadeira, dous estoxos ou algunha cadeira.

Adxectivos

Son as palabras que nos din como é ou como está o substantivo. Por exemplo: azul, pequena, lixeira...

Verbos

Son as palabras que indican unha acción. Por exemplo: cantar, beber ou ir.

Pronomes persoais

Son as palabras que nomean a persoas ou obxectos sen usar substantivos. Por exemplo: eu, ti, el, ela, nós...

Adverbios

Son palabras que indican circunstancias. Poden ser de tempo, lugar, modo, cantidade, afirmación, negación ou dúbida. Por exemplo: aquí, lonxe, moito...

Principais clases de palabras

Clasificación dos substantivos

Común ou propio

Concreto ou abstracto

Contable ou incontable

Individual ou colectivo

Mapa mental substantivos

Feito con eXeLearning (Nova xanela)