Saltar navegación

4. Chegastes ao voso destino

Comezade!

Agora que xa escollestes ese conto, que tanto merece a pena ler e que queredes que outros compañeiros e compañeiras do colexio coñezan, é o momento de facer o seu propio marcapáxinas. Lembra que pode ter luz propia.

Recordade que o voso reto consiste en crear unha pequena exposición de contos e animar a outros nenos e nenas a ler. Para iso é importante que teña un marcapáxinas creativo, visual e divertido.

    Comezade a traballar no voso reto!

    Lectura facilitada

    Xa escolliches un conto que che gustou moito.

    Agora queres que outros nenos e nenas tamén o coñezan.

    É o momento de facer o teu marcapáxinas.

    Lembra que pode “ter luz propia” e chamar a atención.


    O noso reto é facer unha exposición con contos e marcapáxinas.

    Queremos animar a máis nenos e nenas a ler.

    Por iso, o marcapáxinas debe ser creativo, visual e divertido.


    Comezamos a traballar no noso reto!

    Algúns exemplos

    Opción A

    Opción 1

    Opción B

    Opción 2

    Opción C

    Opción 3

    Feito con eXeLearning (Nova xanela)