Saltar navegación

4.4. Reto 3: Elaboración

 

Glosario

Código QR

Pictograma ARASAAC ler QR

Definición:

É unha imaxe con liñas e puntos que se pode escanear con móbil ou tableta e ver un contido dixital. 

Exemplo:

Le o código QR co móbil para poder ver o menú do restaurante. 

LED

Pictograma ARASAAC Lámpada

Definición:

É unha luz pequena que se acende cando recibe electricidade. 

Exemplo:

Non se acendía o LED porque non estaba correctamente conectado.

Mans á obra!

Hoxe comezades a fase de elaboración do marcapáxinas. A continuación, tedes tres opcións de diferente dificultade.

Do papel á realidade

Agora que xa tedes o deseño definitivo do voso marcapáxinas, ides pasar á parte máis divertida: crealo de verdade. Neste caso, ides facelo en cartolina e engadiredes un circuíto eléctrico de papel para que se acenda unha luz LED.

Os materiais necesarios son os seguintes:

Deseño final da fase anterior

Debedes ter o voso deseño feito.

Tira de cobre

Cinta de cobre

1 LED

LED

1 pila de botón

Pila

Lapis e rotuladores para retocar

Ou outro material que nos sirva para decorar.

Tede en conta os seguintes consellos:

Cinta de cobre

A cinta de cobre debe estar limpa e ben pegada.

LED

O LED ten posición: positivo e negativo.

Non acende o LED?

Se o LED non acende, revisade as conexións ou cambiádelle a posición á pila.

Os pasos para montar o marcapáxinas son os seguintes:

Cartolina co deseño definitivo

Este será o corpo do voso marcapáxinas. Se vos queda algo por decorar podedes rematalo neste momento.

Percorrido do circuíto

Debuxade dúas liñas dende o lugar onde irá a pila ata o punto onde vai o LED. Pensade ben o camiño para que non moleste no debuxo. Tamén o podedes colocar por detrás.

Pegade a cinta de cobre

Colocade as tiras de cobre sobre as liñas. Deben quedar ben pegadas e sen cortes.

Colocade o LED

A pata longa vai co lado positivo da pila. Cada pata debe tocar unha tira diferente de cobre.

Positivo negativo

Colocade a pila

Pegádea para que toque as dúas tiras de cobre. Podedes facer unha lapela de cartolina para que funcione como interruptor. Lembrade colocar a parte positiva da pila co cobre que conecta coa parte positiva do LED.

Circuíto

Probade o circuíto

Premede a lapela ou pechade o circuíto. Se o LED acende... traballo conseguido!

Marcapáxinas

Resultado final:

Marcapáxinas sen luzMarcapáxias con luz

Origami para marcar as páxinas

Ides construír un marcapáxinas con origami. Pero non só iso, senón que lle ides engadir luz!

Xa tedes o deseño feito, así agora debedes seguir estes pasos para facelo realidade.

Os materiais necesarios son os seguintes:

Deseño final da fase anterior

Debedes ter o voso deseño feito.

Tira de cobre

Cinta de cobre

1 LED

LED

1 pila de botón

Pila

Lapis e rotuladores para retocar

Ou outro material que nos sirva para decorar.

Tede en conta os seguintes consellos:

Cinta de cobre

A cinta de cobre debe estar limpa e ben pegada.

LED

O LED ten posición: positivo e negativo.

Non acende o LED?

Se o LED non acende, revisade as conexións ou cambiádelle a posición á pila.

Os pasos para montar o marcapáxinas son os seguintes:

Cartolina co deseño definitivo

Este será o corpo do voso marcapáxinas. Se vos queda algo por decorar podedes rematalo neste momento.

Pasos estrutura

Debemos crear o noso marcapáxinas de origami.

Pasos

Percorrido do circuíto

Debuxade dúas liñas dende o lugar onde irá a pila ata o punto onde vai o LED. Pensade ben o camiño para que non moleste o debuxo. Tamén o podedes colocar por detrás ou recortar para pasar polo medio do voso marcapáxinas.

Circuíto

Pegade a cinta de cobre

Colocade as tiras de cobre sobre as liñas. Deben quedar ben pegadas e sen cortes.

Colocade o LED

A pata longa vai co lado positivo da pila. Cada pata debe tocar unha tira diferente de cobre

Circuíto

Colocade a pila

Pegádea para que toque as dúas tiras de cobre. Podedes facer unha pestana de cartolina para que funcione como interruptor. Recordade colocar a parte positiva da pila co cobre que conecta coa parte positiva do LED.

Probade o circuíto

Premede a pestana ou pechade o circuíto. Se o LED acende... traballo conseguido!

Circuíto

Resultado final

Marcapáxinas sen luzMarcapáxinas con luz

Tecendo o marcapáxinas

Xa tedes o voso deseño final rematado; e agora chegou o momento de poñelo en práctica cos materiais definitivos. Neste caso, o marcapáxinas farémolo con feltro e o circuíto eléctrico estará cosido cun fío condutor, que permitirá acender o LED.

Os materiais necesarios son os seguintes:

Deseño final da fase anterior

Xa tedes o voso deseño, tédeo a man para non esquecer ningún detalle.

Dúas pezas de feltro

A parte dianteira e traseira do marcapáxinas (para tapar o circuíto).

1 LED

LED textil

1 pila de botón

Pila

Fío condutor

Fío condutor

1 soporte para pila ou pestana feita feita con fieltro/cartolina

Soporte

Agulla grosa

Agulla

Decoración extra

Tesoira, pegamento, botóns, fíos de cores, feltro de cores, lapis, rotuladores...

Tede en conta os seguintes consellos:

Fío condutor

Non apertedes demasiado o fío condutor, debe quedar firme pero sen romper.

O fío condutor é sensible, manexádeo con coidado e evitade que se solten os puntos.

Decoración

Decorade tendo coidado de non tapar as zonas importantes do circuíto.

Non acende o LED?

Se o LED non acende, revisade as conexións ou cambiádelle a posición á pila.

Os pasos para montar o marcapáxinas son os seguintes:

Feltro co deseño definitivo

Este será o corpo do voso marcapáxinas. Se vos queda algo por decorar podedes rematalo neste momento.

Percorrido do circuíto

Asegurádevos de saber onde irá o LED, a pila e por onde debe pasar o fío condutor. Debuxádeo sobre o feltro con lapis.

LED

Facede dúas pequenas marcas con lapis de onde irán as patas. A pata longa é o positivo e a curta é o negativo ou a pestana positiva coa pestana positiva da pila

Cosede o circuíto

Cosede co fío condutor dende o lugar da pila ata cada unha das patas do LED. É importante que usedes puntos pequenos e ben tensos. Asegurádevos que non se crucen os dous camiños do fío. Ademais, o fío debe tocar ben as patas do LED para que funcione.

Circuíto

Colocade a pila

Podedes empregar un soporte para a pila. Tamén podedes facer un pequeno peto ou soporte de feltro ou cartolina para gardala. Tamén serve pegala cun anaco de cinta. Comprobade que a pila toca ben os dous extremos do circuíto.

Probade o circuíto

Premede lixeiramente sobre a pila para ver se o LED se acende. No caso de que non funcione revisade os puntos de contacto e a polaridade da pila e o LED.

Marcapáxinas

Montaxe final

Unide as dúas capas de feltro para ocultar o circuíto por dentro. Podedes coser ou pegar os bordos.

Resultado final.

Marcapáxinas sen luzMarcapáxinas con luz

Feito con eXeLearning (Nova xanela)