| Participación activa | Participei sempre con interese e axudei o grupo. (4) | Case sempre participei e colaborei. (3) | Participei algunhas veces. (2) | Case non participei nin axudei. (1) |
|---|
| Comprensión do conto | Lin con atención e entendín moi ben o conto. (4) | Entendín ben o conto. (3) | Tiven algunhas dúbidas. (2) | Non entendín ben o conto. (1) |
|---|
| Elaboración do texto instrutivo | O texto está moi ben estruturado, claro, con todos os pasos explicados e boa presentación. (4) | O texto está ben estruturado e inclúe os pasos principais, con algunha pequena mellora. (3) | O texto é comprensible, pero desorganizado ou incompleto. (2) | O texto é difícil de entender ou non explica os pasos con claridade. (1) |
|---|
| Traballo en equipo | Respectei, escoitei e colaborei moi ben co meu equipo. (4) | Traballei ben co meu equipo, con algún problema. (3) | Custoume colaborar. (2) | Non conseguín traballar ben en equipo. (1) |
|---|
| Uso da lingua galega | Usei o galego sempre, tanto oralmente como por escrito. (4) | Useino case sempre. (3) | Useino ás veces. (2) | Case non usei o galego. (1) |
|---|
| Deseño do marcapáxinas | Fixen un deseño creativo e coidado. (4) | Fixen un bo deseño. (3) | O deseño podería estar mellor. (2) | Non dediquei tempo ao deseño. (1) |
|---|
| Circuíto eléctrico | Comprendín como funciona e axudei a montalo. (4) | Participei na montaxe, aínda que con axuda. (3) | Non entendín moito o circuíto. (2) | Non participei no circuíto. (1) |
|---|
| Texto instrutivo | Expliquei os pasos con claridade e boa presentación. (4) | O texto é correcto, con algunha mellora. (3) | Fáltanlle partes ou está pouco claro. (2) | Non entendín como facelo. (1) |
|---|
| Presentación oral | Expreseime ben diante dos demais, con seguridade. (4) | Expreseime ben, aínda que sentía nervios. (3) | Custoume expresarme. (2) | Non puiden explicar ben. (1) |
|---|
| Avaliación dos demais | Fixen comentarios respectuosos e útiles. (4) | Fixen valoracións correctas. (3) | Non fun moi claro/a na coavaliación. (2) | Non souben avaliar aos demais. (1) |
|---|
| Mellora e aprendizaxe | Aprendín moito e mellorei como persoa e compañeiro/a. (4) | Aprendín cousas novas. (3) | Aprendín algunhas cousas. (2) | Creo que non aprendín moito. (1) |
|---|