Indicador que se empregar para marcar a páxina na que se interrompe a lectura para poder continuar en outro momento.
Exemplo:
Perdín o marcapáxinas e agora non sei en que páxina teño que seguir lendo.
Antes de empezar preguntámonos
Antes de comezar co traballo sería interesante reflexionar e contestar algunhas preguntas no diario de aprendizaxe.
Invitámoste a que investigues e penses un pouco sobre elas. Logo, debes escribir as túas respostas:
Que é para ti a lectura? Cres que é importante?
Como pensas que se pode fomentar a lectura? Ocórreseche algún exemplo?
Por que cres que é importante ler? Consideras que a lectura é importante en todas as idades?
Como che fai sentir ler un libro que che gusta?
Audio
A lectura
Ler é como abrir unha porta a un mundo cheo de aventuras, maxia e coñecementos. Cando les un libro, non só estás mirando palabras, senón que estás viaxando a novos lugares, coñecendo personaxes asombrosos e aprendendo cousas incribles.
Por que é importante ler?
Ler axúdache a aprender novas palabras, a entender mellor o mundo que te rodea e a imaxinar cousas que nunca pensaras antes. Cada libro é unha oportunidade para descubrir algo novo, xa sexa sobre historia, animais, outros países ou incluso sobre ti mesmo. Cando les, tamén melloras a túa forma de falar e escribir, o que che axuda a comunicarte mellor cos demais.
Os libros non son só para aprender cousas, tamén poden ser moi divertidos. Hai libros de aventuras, de misterio, de fantasía e ata de humor. Podes ler sobre heroes, viaxes ao espacio, animais que falan ou mundos máxicos. Cada libro é unha nova aventura!
Pero que as persoas lean non é algo sinxelo. Debemos fomentar a lectura!
Cocorico - Polos pelos
Corre, corre cabaciña
Ratos na escola
O día das apertas
Lectura facilitada
Ler é como abrir unha porta a un mundo novo.
Por que é bo ler?
Ler axúdache a:
Aprender palabras novas.
Entender mellor o que pasa ao teu arredor.
Imaxinar cousas que nunca pensaches.
Falar e escribir mellor.
Cada libro é unha oportunidade para descubrir algo novo.
Ler tamén é divertido.
Hai libros para todos os gustos:
De aventuras.
De misterio.
De fantasía.
De risa.
Podes ler sobre heroes, viaxes polo espazo, animais que falan ou mundos máxicos.
Cada libro é unha nova aventura!
É importante que todos lean.
Ler non sempre é fácil para todos, pero podemos facer que sexa máis divertido e interesante.
¡Animemos a xente a ler máis!
Cocorico - Polos pelos
Corre, corre cabaciña
Ratos na escola
O día das apertas
Audio
Tes xa algunha idea?
A lectura é moi importante para todos nós. E dispoñemos dunha morea de contos que ademais de aprender, nos permiten rir, soñar e imaxinar.
Pois xa temos reto. Escoller un conto para fomentar a lectura!
Recordas algún que che gustara en especial? Facemos un marcapáxinas sobre el para divulgalo?
Lectura facilitada
A lectura é moi importante para todos nós.
Dispoñemos dunha morea de contos que ademais de aprender, nos permiten rir, soñar e imaxinar.
Xa temos reto. Escoller un conto para fomentar a lectura!
Recordas algún que che gustara en especial?
Facemos un marcapáxinas sobre el para compartilo cos demais?